- Gómez Reino sinalou na defensa da Proposición non de Lei que «entre 2002 e 2017 foron reportados máis de 1.558 asasinatos de defensores do medio ambiente» e puxo o foco en líderes como Berta Cáceres, Chico Mendes, Santiago Maldonado, Adán Mejía, Rodrigo Salazar ou María Bernarda Juajibioy
- A PNL aprobada insta a que se celebre, no prazo máximo dun ano, unha cumbre cos distintos gobernos de Latinoamérica e doutras partes do mundo sobre a situación dos e das defensoras do medioambiente e das comunidades indíxenas co fin de elaborar un informe que recolla as conclusións sobre o grao de protección dos dereitos humanos
Madrid, 23 de marzo de 2021.- A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso vén de aprobar unha Proposición non del Lei impulsada polo deputado Antón Gómez Reino para protexer aos líderes ambientalistas e indíxenas de América Latina, que veén sufrindo unha persecución durante as últimas décadas que, na gran maioría dos casos, derivan en asasinatos que quedan impunes.
Os países máis mortíferos para ser defensor ou defensora do medio ambiente son Colombia, con 64 mortos; Filipinas, onde foron asasinados a lo menos 46 ambientalistas tan só o ano pasado, o que implica un aumento do 53% e Brasil, que «da man da ultradereita de Bolsonaro está impulsando a minaría a gran escala e a agroindustria na Amazonia, cun nivel de deforestación dos territorios indíxenas que aumentou un 74% entre 2018 e 2019», segundo indicou o deputado Antón Gómez Reino. Foi precisamente cando o goberno de Bolsonaro presentou un controvertido proxecto para legalizar a minaría comercial en territorios indíxenas cando se incrementou a violencia na rexión.
Gómez Reino lembrou durante a súa intervención que existe un corpo crecente de xurisprudencia que establece o deber extraterritorial dos gobernos de protexer os dereitos dos cidadáns nos países onde operan as súas empresas. «Isto implica», sinalou o deputado, «que non só os gobernos daqueles países onde as persoas defensoras enfrentan os maiores riscos deben protexer aos activistas senón que tamén teñen este deber os socios comerciais que operan nestes países». Por iso a Proposición non del Lei aprobada insta ao goberno a establecer, en coordinación coas embaixadas españolas, mecanismos para favorecer o asilo das persoas defensoras dos dereitos humanos e tamén o impulso dunha lei que asegure que as empresas españolas que operan no exterior cumpren de maneira estrita dita regulación.
Gómez Reino sinalou na defensa da Proposición non de Lei que «entre 2002 e 2017 foron reportados máis de 1.558 asasinatos de defensores do medio ambiente» e puxo o foco en líderes como Berta Cáceres, Chico Mendes, Santiago Maldonado, Adán Mejía, Rodrigo Salazar ou María Bernarda Juajibioy. «Miles de perseguidos, miles de exiliados, centenares de seres humanos asasinados é o balance anual da persecución ao medio ambiente, aos pobos indíxenas e aos dereitos humanos por parte de gobernos de extrema dereita, de mercenarios ao servizo de multinacionais e de paramilitares en América Latina. Un 40% dos asasinados eran indíxenas e defensores de terras ancestrais e, como sempre, as mulleres están no centro das afectacións máis graves xa que un 50% das activistas asasinadas, son mulleres».
A PNL aprobada insta tamén a que se celebre, no prazo máximo dun ano, unha cumbre cos distintos gobernos de Latinoamérica e doutras partes do mundo sobre a situación dos e das defensoras do medioambiente e das comunidades indíxenas co fin de elaborar un informe que recolla as conclusións sobre o grao de protección dos dereitos humanos.
Na súa intervención, o voceiro do Grupo Parlamentario Confederal e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores amosou a súa preocupación polo aumento dos crimes durante os últimos anos, amosándose «a agroindustria, o petróleo o gas e a minaría como os principais detonantes dos ataques contra as persoas defensoras da terra e o medio ambiente. E fronte a iso a impunidade xa que de entre todos os asasinatos reportados, só o 10% dos autores dos crimes tiveron que responder ante a xustiza».
Aquí podes ver a intervención completa