Acto histórico en A Coruña para conquistar un goberno de esquerdas

Yolanda Díaz fixo un chamado “aos socialistas de corazón”: “Estou convencida de que queren un Goberno entre eles e nós que derogue a reforma laboral e interveña o prezo dos alugueiros”.

A Coruña, 3 de novembro.- Histórico, inspirador e emocionante acto de Galicia en Común está mañá na Coruña co candidato a Presidencia do Goberno de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, a sete días da cita coas urnas no que agardamos superar a representación acadada o 28 de abril.

O Palexco da Coruña quedou pequeno para acoller ás preto de dúas mil persoas que acudiron hoxe ao acto central de Galicia en Común no que foi o mitin mais multitudiario no que vai de campaña e que nos enche de forza e impulso para conseguir o noso obxectivo dun Goberno de esquerdas con Galicia no centro.

“Son da Coruña e xogo na casa pero quero agradecervos que estedes hoxe aquí no acto mais grande do que vai de campaña”. O deputado e candidato de Galicia en Común pola Coruña, Antón Gómez-Reino abría a súa intervención agradecendo a Pablo Iglesias o “exemplo” que deu “desde a intelixencia, empatía e a humildade desmostrada nos últimos meses, ademais de recoñecer a militancia e aos cargos públicos o seu traballo e a defensa do común desde as institucións públicas e os concellos.

Gómez-Reino lanzou unha aperta fraterna aos pobos de Chile e Arxentina “que están a parar o autoritarismo” e lembrou que estamos preto do aniversario do Prestige. “Cómpre lembrar que desde Galicia amosamos ao mundo que nos sabemos mobilizar mellor na defensa do común e do medio ambiente”.

“Nós nunca permitiremos que nun país democrático equiparen aos asasinos coas vítimas. Escoitamos con estupor a vicepresidenta en funcións dicir que Primo de Rivera fora unha vitima e ao candidato a presidencia do Goberno do PSOE dicir, algo que xa dixera en sede parlamentaria, é que Estado houbera unha “contienda”.

“A exhumación de Franco chegou 40 anos tarde e para nós debe ser un día de homenaxe para todos os loitadores e loitadoras pola memoria histórica democrática. Aínda queda traballo por facer para que o Pazo de Meirás e a Casa Cornide retornen as mans de todas e todos os coruñeses”, reflexionaba Gómez-Reino, sobre o traballo inxente que queda por facer en o memoria democrática. “Tamén escoitamos con estupor -engadía Gómez-Reino- como o Goberno en funcións criminalizaba a Open Arms por salvar vidas no Mediterráneo “unha obriga ética, política e moral que tiñan que estar a facer os Gobernos europeos”.

O candidato de Unidas Podemos a Presidencia do Goberno abría a súa intervención agradecendo aos colectivos sociais o seu exemplo e loita. “Alcoa, as traballadoras de telemarketing, toda a xente dos colectivos sociais son o noso exemplo, os que nos representan e nos marcan o camiño”.

No seu discurso, fixo un repaso polos artigos máis sociais da Constitución que non se están a cumplir, porque o patriotismo «non é só cousa de bandeiras».

«Os votantes do PSOE están de acordo con nós programáticamente e queren que gobernemos conxuntamente. Nós volvemos a tender a man», incidiu Iglesias.

Yolanda Díaz, que lidera a lista por Pontevedra, tomaba a palabra para falar no nome, tamén, dos traballadores de Alcoa, Poligal, Isowat, as traballadoras do telemarketing, os empregados de R, as mulleres, os mozos, os pensionistas. “Estas son as eleccións dos que non se renden”, salientaba,

Yolanda Díaz facía un chamado aos “socialistas de corazón”. “Enchamos as urnas de votos e reescribamos a nosa historia. Estou convencida os socialistas de corazón queren derogar, coma nós, a reforma laboral, e a mochila austríaca, e queren que os mais ricos paguen mais impostos e tamén a Igrexa, coa relixión fora das escolas. Estou convencida de que os socialistas de corazón non perden a esperanza e que queren un Goberno conxunto: entre eles e nós”, dixo.

“Galicia vai a estar no Goberno do Estado”, afirmou. “Queremos unha AP9 gratuita, porque xa está máis que amortizada. Queremos que os nosos labregos poidan vivir con dignidade non tirar os prezos. Queremos falar de pesca, das redeiras e mariscadoras e que se lles recoñezan as suas enfermidades profesionais, porque vai arranxar os seus problemas históricos», manifestou.

“Cando nos unimos, somos imparables e imos derrotar ao PP tamén en Galicia. Enchamos as urnas de votos rebeldes que poidan garantir a vida da xente”, rematou a súa intervención.

Ángela Rodríguez-Pam, candidata por Pontevedra, iniciaba a súa intervención agradecendo a Pablo Iglesias ter liderado o proxecto incluso cando lle pediron que se botase a un lado, sen un so euro dos bancos, enchendo cada acto que facemos.

“Esta é unha campaña que nós non queríamos facer. Queríamos estar facendo políticas que puideran cambiar a vida da xente pero estábamos tan preto que xiraron o timón”, expuxo Rodríguez.

“Esto non comezou hai tres semanas, comezou hai anos. Nós traballamos para vós: podedes contar con nós. Se queredes un sistema público de coidados, podedes contar con nós. Se queredes un cambio no código penal porque estades fartas de que as mulleres nos encerren en portais e logo nos digan que iso non foi unha agresión sexual, se credes que podemos ser felices, se hai un voto esperanzado. Como din en Chile: ate que a vida mereza a pena, até aí seguiremos loitando”, rematou.

David Bruzos, que encabeza a lista de Galicia en Común en Ourense, facía fincapé na importancia de mobilizarse o 10N nas urnas. “Este mundo podería ser moito mellor do que temos. Esa xente quere vernos derrotados pero non o van a conseguir. O 10 de novembro imos a sair, imos votar e imos seguir loitando pola xente que xa loitou e pola que queda por vir”.

Pola súa banda, Vanessa Somoza, que encabeza a candidatura pola provincia de Lugo, manifestaba: “por moi difícil que nolo poñan, non nos imos render. A nosa forza é a que nos da a xente. Estamos nos derradeiros coletazos dun sistema que apodrece baseado na corrupción e no descoñecemento do noso país. Nós temos unha alternativas desde Galicia para mellorar a vida da xente. A patria é o outro. Se o outro está mal non hai patria que defender”.