Ángela Rodríguez antes de entrar no xulgado: «seguiremos reivindicando os dereitos das traballadoras e traballadores»

«É moi triste ter que acudir hoxe a declarar por defender os dereitos dos traballadores e traballadoras de Alcoa. Defenderemos o dereito de manifestación e a derogación da Lei Mordaza», sinalou Ángela Rodríguez antes de entrar no xulgado.

A declaración quedou aprazada polas malas condicións técnicas e está á espera de nova data.

Pontevedra, 4 de novembro de 2019. A candidata de Galicia en Común por Pontevedra, Ángela Rodríguez (Pam), tivo que declarar este luns ante o xulgado polo caso Alcoa, no que as deputadas e deputados defenderon e apoiaron a manifestación dos traballadores e traballadoras da fábrica de aluminio na súa concentración fronte ao Congreso.

» Reivindicamos o mesmo que dixemos o día que defendimos os traballadores e traballadoras no Congreso, que diante as agresións ás súas condicións laborais, seguiremos defendendo os seus dereitos», sinalou a candidata, que resaltou que hoxe «é un día triste» por verse obrigada a declarar como investigada «por estar hai uns meses apoiando aos traballadores de Alcoa en Madrid».

A declaración finalmente quedou aprazada debido á «pésima calidade dos medios» dado que a a calidade da imaxe e do son «imposibilitaba que se fixese a declaración».

«É especialmente grave estas imputacións, porque o que fixemos nesa concentración, con toda a calma do mundo e na nosa calidade de parlamentarios, era apoiar aos trababalladores nas súas reivindicacións. Polo tanto, hoxe é un día triste ter que vir a falar a un xulgado por isto cando hai outras cuestións que deberían estar aquí e non están», incidiu a candidata.

No pasado mes de setembro coñecíamos que a voceira de Galicia en Común no Congreso e agora candidata, Yolanda Díaz, o deputado e candidato Antón Gómez-Reino, o deputado de Unidas Podemos, Rafael Mayoral, xunto con Ángela Rodríguez, foron denunciados pola policía ante un suposto delito de «atentado» despois da manifestación que os traballadores de Alcoa convocaron fronte ao Congreso o pasado 28 de marzo.

«Hoxe manifestamos o noso apoio a Ángela Rodríguez, pero tamén queremos denunciar unha represión que estamos vivindo no noso país. Estamos a ver como 300 traballadores están a ser represaliados por, simplemente, defender os seus dereitos», sinalou díaz.

Antón Gómez-Reino resaltou que é evidente que «un dereito fundamental que temos que defender é que a sociedade civil e os traballadores e os traballadores teñen dereito a manifestarse en calquera lugar, especialmente diante da sede da soberanía popular».

«Hai que defender o dereito de manifestación e protesta e abordar, desde o 10 de novembro, cuestións absolutamente fundamentais como defender este dereito e derogar unha lei como a Lei Mordaza», sinalou Gómez-Reino.

Pola súa banda, Rafa Mayoral mostrou tamén a solidariedade do espazo político con Ángela Rodríguez.

«É un procedemento que carece de sentido desde o principio ao fin. Una idea moi sinxela: defender os dereitos dos traballadores non é delito», sentención Mayoral.