Antón Gómez Reino formará parte do Intergrupo de Amizade co Pobo Saharaui

O grupo, constituido na tarde de onte no Congreso, reúne a 13 deputados e deputadas solidarios coa causa saharaui

O deputado de Unidas Podemos e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, xunto cos deputados Lucía Muñoz e Enrique Santiago participaron onte na constitución no Congreso do Intergrupo de Amizade co Pobo Saharaui. Trátase dun grupo de traballo que reúne a 13 deputados e deputadas de 8 formacións políticas e que ten como fin a procura de solucións pacíficas coa causa saharaui, de acordo coas Resolucións de Naciones Unidas nesta materia.

Gómez Reino insistiu na «necesidade de que nos involucremos para chegar á mellor solución posible, que pasa porque se respecten os dereitos humanos do pobo saharaui e se cumpra co mandato, que emana do dereito internacional e das resolucións de Naciones Unidas, do dereito de autodeterminación do pobo saharaui» ao mesmo teempo que apuntou que «lograr a paz en Guerguerat é tamén positivo para a situación xeopolítica no Magreb».

No acto participaron Abdulah Arabi, delegado do Frente Polisario en España e Pepe Taboada, presidente da Coordinadora Estatal de Asociaciones Solidarias con el Sáhara (CEAS). Entre os asuntos tratados nesta primeira xuntanza, informouse da situación actual na zona de Guerguerat tras a ruptura do Alto ao Fogo por parte do exército de Marrocos, manifestándose a preocupación dos deputados e deputadas pola escalada do conflito.