Antón Gómez-Reino interpela ao ministro e demanda información sobre o acordo Mercosur-UE

Vídeo: https://youtu.be/GaZZ3AU31Ao


Madrid, 12 de setembro de 2019
. O deputado e Galicia en Común e voceiro do Grupo Confederal na Comisión de Agricultura interepelou este xoves ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, na súa primeira comparecencia desta lexislatura.

«É unha incógnita e estamos preocupados, temos pouca información do acordo Mercosur – UE. Sempre somos críticos cos tratados de libre comercio, non por unha cuestión de idealismo, senón porque beneficia ao modelo de grandes transnacionais e supón unha perda de soberanía», incidiu o deputado.

Gómez-Reino resaltou que os tratados de libre comercio conlevan «evidentes déficits democráticos» e non non temos «ximnasia democrática para monitorizar este tipo de tratados».

«Fomentan as relacións xeopolíticas asimétricas que xeneran dependencias: TTIP, CETA ou acordos pesqueiros son exemplos», engadiu o deputado, que lembrou que nos últimos meses tivo a oportunidade de estar en varios países de Mersocur «onde hai moita preocupación en cuestións relevantes que poñemos sobre a mesa».

Ademais, incidiu en que o tratado golpea especialmente «coa emerxencia climática ou España vaciada» e resaltou tamén o caso de Galicia.

O deputado tamén puxo o foco nos pequenos agricultores, na vulneración de dereitos humanos en América Latina, en comunidades campesinas, ou na deforestación da Amazonía, que poderían ser golpeados polo negocio agro-forestal.