«A Coruña ten un equipo de elite, de primeiro nivel, merece todo apoio da cidade e do país. As xogadoras deberían xogar en Riazor», sinalou Gómez-Reino.
Audio: https://bit.ly/330Ywep
Abegondo, 27 de outubro de 2019. O deputado e candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, xunto á tamén candidata pola Coruña, Loreto Taibo, acudiron este Domingo a Abegondo para apoiar a igualdade tamén no deporte, e particularmente ás xogadoras do Deportivo no seu encontro co CD Tacón.
«A Coruña ten un equipo de élite, de primeiro nivel, merece todo apoio da cidade e do país. Queremos mostrarlles o noso apoio porque son un exemplo feminista, de loita pola igualdade e polos dereitos das mulleres no deporte e en todos os ámbitos», incidiu Gómez-Reino.
Ademais, incidiu en que estas xogadoras «deberían xogar en Riazor» porque cada fin de semana comprobamos como teñen máis e máis adeptas: «non debería haber distinción, estamos ante un equipo de primeiro nivel, deberían ter dereito a xogar en Riazor».
Pola súa banda, Taibo incidiu no necesario «convenio», motivo da folga, que pide rematar «cunha inxusta discriminación»,
«É unha folga que, para nós, hai que apoiar: estamos falando dos dereitos das traballadores, da igualdade no deporte. É fundamental estar ao seu carón nesta folga, estamos á súa disposición para todo o que precisan», sinalaron os candidatos, que acudiron este domingo a Abegondo, xunto co concelleiro da Coruña, Xiao Varela.