Estrasburgo, 30 de setembro. O deputado de Galicia en Común é o novo membro da Delegación de España ante o Consello de a Europa, en representación do Grupo Confederal de Unidas Podemos- En Comú Podem- Galicia en Común.
Gómez-Reino asistiu xa este luns á Asemblea do Consello de Europa e estará traballando esta semana nun dos catro plenos anuais que convoca a institución.
O deputado galego será membro da Comisión de Migracións, Persoas refuxiadas e Desprazadas e da Comisión de Asuntos Sociais, Saúde e Desenvolvemento Sostible.
Con este nomeamento, o parlamentario de Galicia en Común da continuidade ao traballo realizado nestes anos en materia de política exterior, especialmente vinculado á vixilancia dos Dereitos Humanos en América Latina e Oriente Medio.
«O Consello de Europa adícase especialmente a monitorizar as democracias europeas en diferentes materias. Trataremos de denunciar nesta Cámara todos os incumprimentos e as melloras que afecten aos galegos e galegas», incidiu Gómez-Reino.