Antón Gómez-Reino será o novo voceiro no Congreso

Congreso, 14 de xaneiro de 2019. Antón Gómez-Reino será o novo voceiro de Galicia en Común no Congreso dos Deputados.

O Grupo Confederal de Unidas Podemos – En Común Podem – Galicia en Común vén de comunicar á Mesa do Congreso o cambio na voceiría do grupo galego, de forma que Gómez-Reino sustituirá a Yolanda Díaz, actual Ministra de Traballo e Economía Social no Goberno de coalición co PSOE.

En base a reconfiguración do Grupo Confederal, a nova composición sitúa a Antón Gómez-Reino como “Voceiro adxunto 2º”.

«Ágora que Galicia está no Goberno é fundamental que todos os acordos que conseguimos para o noso país teñan seguimento e respaldo parlamentário. E que cada problemática nova que apareza no noso país teña a sua traducción en iniciativa lexislativa parlamentaria», sinalou o novo voceiro.

Ademais, resaltou que «é un orgullo ser un dos portavoces dun grupo Confederal que é a fotografía do novo ciclo que se abre».

«Das prazas chegamos ás institucións e agora ao Goberno. E é un orgullo ser unha das voces para trasladar as demandas da sociedade civil no Congreso», sinalou.