«É imprescindible adoptar novas medidas para incrementar os ingresos da Seguridade Social»

https://bit.ly/2OPSbMF

Madrid, 27 de novembro de 2019. Antón Gómez-Reino interviu este mércores na deputación permanente, onde abordou a execución dos orzamentos da Seguridade Social para garantir unhas pensións dignas.

«A non aprobación dos Orzamentos para 2019 levounos a manter os do PP, prorrogados, o que determinou que as partidas nos orzamentos da Seguridade Social sexan insuficientes para incrementar os gastos en pensións durante 2019», sinalou o deputado.

Ante isto, para afrontar o pago das prestacións, a única posibildade que lle queda á Seguridade Social «é financiar esta ampliación de créditos con cargo ao incremento previsto de ingresos durante este exercicio económico».

Pola contra, o deputado tamén asegurou que conseguir un equilibrio financeiro do sistema da Seguridade Social «non ten que pasar por unha redución das prestacións do sistema».

«É imprecindible adoptar novas medidas para incrementar os ingresos da Seguridade Social», incidiu.

Góomez-Reino lembrou que recentemente comprobamos que cambiando as políticas públicas «pódese mellorar a recaudación na Seguridade Social».

«O acordo orzamentario supuxo a aprobación da subida do SMI e un pequeno destope do 7% de bases máximas de cotización. Isto favoreceu non só un incremento dos salarios senón tamén das costizacións e redundou nun aumento da recaudación», engadiu.