Audio: https://bit.ly/2WGqmcy
A Coruña, 13 de maio de 2019. A deputada de En Común Unidas Podemos, Yolanda Díaz, mantivo este luns unha xuntanza con ATA Galicia (Asociación Autónomos), onde reclamou un cambio na regulación do réxime de autónomos.
«Apostamos polo cambio do réxime de autónomos para facer a cotización en relación aos ingresos reais, cunha salvedade que é que a partir de debaixo do SMI non se cotice nada para ninguén», afirmou a deputada.
«Estamos pulando por unha actuación para a remuda lexistlativa do réxime. Hai un déficit que está soportando o réxime de autónomos, pola adscripción ao SETA, que ten que ser reconfigurado. Somos partidarios desta adscripción pero non de cómo se fixo», engadiu.
A deputada sinalou que se trata dun colectivo moi importante, 3.200.000 persoas no conxunto do Estado, en Galicia 210.000 persoas, unha porcentaxe moi elevada.
«Require unha actuación propia desde a Administración pública para redefinir o réxime de autónomos», reclamou.
Desde En Común somos partidarios de cambiar o xeito de tributación e cotización, «defendemos a liquidación fiscal trismestrais, non somos partidarios de facelo de xeito anual».
Ademais, resaltou que hai que abordar a precarización dos falsos autónomos e a situación das que se atopan na pobreza.
A deputada lembrou que estes anos fixemos no Congreso «un traballo intenso no que ten que ver coa Seguridade Social e o traballo autónomo, un traballo moi relevante para a economía».
«En canto comecemos a actividade no Congreso volveremos a presentar iniciativas para abordar a situación das traballadoras no fogar e a situación dos autónomos, que son motor económico».
Entre outras cuestións, a deputada resaltou a necesidade de abordar unha Lei de segunda oportunidade para as persoas deste réxime que o precisen e que permita unha saída digna para unha situación que poda saír mal.