En Común mostra a solidariedade cos traballadores da Industria e esixe uns prezos xustos na enerxia

Audio: https://soundcloud.com/marina-sanchez-testas/declaracions-de-yolanda-diaz-na-manifestacion-da-industria-electrointensiva

«O Goberno non queren enfrontarse ás eléctricas, polo que se nega a ter un estatuto que podería solucionar a situación das electrointensivas e a ter prezos da enerxía como en Europa»

Santiago, 20 de maio de 2019. A deputada Yolanda Díaz asistiu este luns á manifestación dos traballadores e traballadoras da Industria para reclamar «un futuro para os nosos sectores produtivos».

«Esiximos prezos xustos na enerxía para que a nosa industria sexa viable», reclamou a deputada, que amosou a solidariedade cos traballadores, «especialmente dos sectores que penden dun fío».

«Denunciamos esta situación e intentamos, mediante iniciativas, arranxar a situación da industria. Rematamos a lexislatura reporobando a ministra pola sua inacción e a situación aínda non cambiou», lembrou Díaz, que citou sectores chave como Alcoa, Celsa ou Ferroatlántica.

«Están producindo materiais únicos, polo que facemos un chamado a salvar as industrias e os postos de traballo», engadiu.

A deputada considera que o Goberno non queren enfrontarse as eléctricas, polo que se nega a ter un estatuto que podería solucionar a situación das electrointensivas e a ter prezos da enerxía como en Europa. «España duplica, no peor dos casos, a outros países», denunciou Díaz.

Ante esta situación, lembrou que a clave é o estatuto e regular un prezo para a enerxía industrial.

«A Xunta e o Estado teñense que poñer de acordo para que a industria sexa coordinada dende a SEPI, como Francia e Alemaña», concluiu.