Os dous deputados electos de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, instaron ao candidato Sánchez a que aclare como quere construír maiorías e amosaron a súa disposición a abrir diálogo para un Goberno de esquerdas.
Audio: https://bit.ly/32Daiu8

Compostela, 11 de novembro.– “Estes dous deputados están traballando desde xa para abrir un diálogo e para conformar un Goberno de esquerdas no marco do Estado. Instamos ao candidato do PSOE á presidencia do Goberno a que aclare como quere constituír o goberno e unha maioría lexislativa no Congreso: se é con Unidas Podemos, o nunha gran coalición co PP», sinalaron os dous deputados electos de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, que facían este lins unha valoración máis pausada e fonda dos resultados electorais obtidos nos comicios deste domingo.
Reiteraron, en primeiro lugar, o agradecemento a toda a xente que participou das eleccións en particular, e a toda a xente que confiou en Galicia en Común “para facer do noso espazo político a terceira forza deste país”.
“O obxectivo desta convocatoria irresponsable e inútil de Pedro Sánchez, como vimos decindo estes meses, era derrotar a En Común-Unidas Podemos. Semella que a volta ao bipartidismo segue vixente como hipótese para os poderes deste país pero os datos son tozudos e, aritméticamente, o bipartidismo sae mais débil deste proceso electoral, e nós traballaremos para outras sumas que sitúen a Galicia no vindeiro Goberno de esquerdas», incidiu.
O que nos preocupa realmente”, resaltaba Gómez-Reino, “é a irrupción e ascenso dunha forza que vai contra todo: a Constitución, a autonomía, os dereitos, as mulleres, as minorías, os inmigrantes. A forma de combater as expresións totalitarias da dereita e da ultradereita é con políticas sociais de esquerdas, pluralidade territorial e social».
Pola súa banda, Yolanda Díaz, facía unha lectura en clave galega dos resultados para lamentar que aos erros e irresponsabilidades de Pedro Sánchez nesta convocatoria electoral está a “entrega de novo ao PP de Galicia e a pérda da maioría absoluta no Senado, clave para bastantes cousas”.
“Toca falar dos problemas da xente e frear á extrema dereita con políticas que garantan protección social: estabilidade, cordón sanitario a VOX e orzamentos progresistas. Non se pode facer nada cos orzamentos de Mariano Rajoy”, insistiu Yolanda.
Respecto aos resultados, resaltou Gómez-Reino que se «hai algo claro no ADN progresista é que as divisións na esquerda sempre son negativas”.
“A ninguén se lles escapa que vimos de superar dous procesos electorais moi complexos con dúas escisións e pese a iso, estamos instalados na posición de terceira forza política no país e aspiramos a ser hexemónicos pola esquerda. Onte comenzou a carreira para acabar con Feijóo na Xunta, e para construír un Goberno estable que remate coas políticas do PP en Galicia”.
Por último, os deputados electos de Galicia en Común facían fincapé nunha idea de futuro e poñían o foco na necesidade de traballar para acabar con Feijóo e conseguir unha Xunta de esquerdas.
“A política non se fai mirando para os partidos. Os partidos son ferramentas para mudar e mellorar a vida da xente con proxectos solventes. O futuro pasa por aí e aí estaremos camiñando desde este espazo político», concluiu.