En Común pide unha rebaixa do IVE dos servizos veterinarios e alimentación animal

Audio: .https://bit.ly/2Cfo5g0

A Coruña, 5 de novembro de 2019. O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez- Reino, xunto cos tamém candidatos Loreto Taibo e Adrián Seijas, visitaron este luns a clínica veterinaria Aparici Feal para falar das nosas propostas polo benestar animal.

«A nosa proposta é facer unha rebaixa do IVE dos servizos veterinarios do 21% actual ao 10% e polos produtos de alimentación animal do 10% actual ao
4%», sinalou o deputado e candidato da Coruña.

Gómez-Reino sinalou que desde Galicia en Común «mantemos e defendemos que unha sociedade madura e democrática, igual que atende a outros ámbitos da vida, ten que atender aos animais».

O deputado sinalou que o benestar animal «é un símbolo de madurez e que nos axuda a convivir de forma axeitada entre animais domésticos e a cidadanía».

«Nos últimos anos temos moi desatendida esta materia, particularmente aos veterinarios/as, que presetan un servizo moi importante como estamos escoitando hoxe aquí, por iso defendemos esta rebaixa do IVE», incidiu, resaltando que precisamente en moitos casos os veterinarios se ocupan de cuestións das que deberían ocuparse as administracións públicas.

Pola súa banda, Taibo resaltou que «estamos vendo como este tipo de clínicas son as que se ocupan do benestar de animais que temos nas nosas cidades, de colonias de gatos, de cans» e «hai que poñer o foco sobre esa cuestión».

Pola súa banda, a veterinaria, Beatriz Aparici, sinalou a necesidade de ser «parte da sanidade integral que xa se quere formar en Europa».

«Hai que formar un sistema no que os veterinarios poidamos integrarnos para que despois non surxan problemas de zonose, nos que haxa descoñecemento da materia», incidiu.