En Común presentará un programa «para gobernar España desde Galicia”

En Común presentou esta mañá ao equipo de expertos e expertas que colabora na preparación do seu programa electoral para Galicia para os comicios xerais do próximo 28 de abril, un programa pensado “para Gobernar España desde Galicia”, tal e como apuntaron os seus compoñentes durante o acto celebrado na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña.

O equipo está dirixido polo economista Manuel Lago, deputado no Parlamento de Galicia, e del forman parte, entre outras, Patricia Faraldo, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña;  Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da  Universidade de Vigo, e Isabel Pena-Rey, médica e investigadora.  Ver equipo de expertos.

Cabeza e Pena-Rey forman parte, ademais, das candidaturas da coalición En Común, que agrupa a Podemos,  Esquerda Unida e  Equo nas listas galegas para as eleccións do 28A.

“Queremos chegar  ao  Goberno  do Estado con Galicia dentro. Somos a voz dá  forza de Galicia  nas Cortes”, dixo na presentación do acto a deputada e candidata  Yolanda Díaz, quen recordou que o traballo realizado durante a pasada lexislatura avala a capacidade da coalición para seguir defendendo os intereses das galegas nas institucións de representación estatal e para condicionar as políticas do Goberno español en favor de Galicia.

“Será un programa solvente.  As  nosas  propostas  foron  exemplo de bo facer: posibles e  tecnicamente correctas”, engadiu Díaz, que suliñou que algunhas desas iniciativas, como a que derivou na  Lei de  igualdade retributiva, situaron a España “na vargarda europea” das políticas sociais.

Ao acto asistiron tamén as deputadas e candidatas Ángela Rodríguez -Pam, e  Antón Gómez- Reino. Rodríguez  explicou “os horizontes” do traballo realizado e do programa de En Común: “Un horizonte  vermello que ten que ver  coas  loitas  sociais,  outro morado que ten que ver  co feminismo e  poñer a vida non centro, e  outro horizonte verde que ten que ver  coa defensa  do  noso planeta”.

 Pola súa banda, Gómez-Reino subliñou que En Común presenta “unha  proposta de futuro para Galicia”. 

“Este  espazo político é maduro e aspira a gobernar no Estado. Está sobre a mesa unha síntese do noso  traballo  destes anos, que condensa a mobilización nas rúas,a nosa capacidade para irnos dotando de coñecemento técnico e académico, e  unha iniciativa política  lexislativa relevante”, dixo.

O coordinador do programa, Manuel Lago, abundou en que a tarefa do equipo que coordina é precisamente elaborar “un programa de  Goberno”. “ Non aspiramos a criticar as medidas dos gobernos, queremos participar da gobernabilidade do Estado. Aspiramos a gobernar, ese é ou noso encargo”.

Lago explicou que o traballo do grupo de expertos pretende axuntar o seu coñecemento académico coa práctica lexislativa adquirida nos últimos catro anos polos representantes da coalición, para sintentizar ambas facetas nun programa con varios eixos: “Blindar os investimentos do Estado en Galicia; unha reforma fiscal que permita que a riqueza se reparta de xeito  máis xusto e que  acade maior soberanía fiscal para Galicia e que blinde os servizos públicos; un  novo modelo de  relacións  laborais que combata a  precariedade, que condena a miseria e  inseguridade  á clase  traballadora; un impulso definitivo  ás políticas de  igualdade, que ten que ser un  unha  estratexía de Estado; e  unha defensa dos dereitos de Galicia e  do  seu  tecido económico e produtivo que permitan salvar a  súa industria, situando a transferencia e a gratuidade da AP-9 no centro”.

O catedrático Jaime Cabeza, número 3 da candidatura de En Común ao Congreso, apuntou que a execución do programa da coalición “non só vai ir de derogar  as reformas laborais»,  senon que garantirá  á  sociedade  galega “un futuro de  persoas con  dereitos, que son cidadanía antes que  traballadoras. Son  persoas dignas nunha  sociedade democrática”, afirmou.

Patricia Faraldo, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña, lembrou que en Galicia “a pobreza ten nome de muller”, dado que “son as mulleres as que teñen os  traballos peor pagados e máis precarios”. 

Tamén lembrou que, ata agora, as propostas do PP e o PSOE en asuntos de tanta relevancia como a violencia machista «limitáronse a poñer parches” a un problema contra o que se rebelou toda a sociedade.

Finalmente, a médica e investigadora Isabel Peña-Rey destacou a loita dos traballadores e traballadoras da sanidade galega en defensa do modelo público de saúde.  

“A  austeridade e a  crise crearon  unha  conflictividade no sector sanitario que  nunca se vira. Os  traballadores, en  folga,  están  loitando por  darlle  á  cidadanía a  mellor asistencia,  loitan por poder  facer a  súa  actividade con  calidade.  Temos que loitar por mudar isto”, dixo, tras explicar a intención de En Común de derrogar a reforma sanitaria dos gobernos do PP, que puxeron á sanidade pública galega ao bordo do colapso.