En Común reclama un Goberno de coalición «progresista e estable» para abordar as problemáticas en materia laboral

Audio: https://bit.ly/2GUeiih

A Coruña, 1 de maio de 2019.– Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz estiveron este mércores na manifestación do 1 de maio cos traballadores e traballadoras para defender os dereitos laborais e os nosos sectores produtivos.

«Hoxe é un día de mobilización, o 1 de maio hai que estar nas rúas. Acabamos de salvar unha situación difícil que abría a posibilidade dun goberno coas tres dereitas», afirmou Gómez-Reino.

Yolanda Díaz destacou unha petición «das votantes e dos propios sindicatos» reclamando un goberno de coalición que sexa progresista e estable.

«Marcamos que é fundamental construír un goberno de coalición progresista, nunca pode ser un Goberno do PSOE en solitario. Sería un Goberno moi débil. En materia económica tería a tentación de achegarse a Ciudadanos», engadiron os deputados, que lembraron o noso compromiso cos sectores produtivos do noso país.

«Ferroatrlántica, Poligal, Isowat ou Alcoa precisan un Goberno valente e progresista, con Galicia no centro», sinalou Gómez-Reino.

Pola súa banda, a deputada Yolanda Díaz lembrou que «os asuntos pendentes en materia laboral son importantes» e «teñen que estar no centro». «Temos sen ratificar os anexos da carta social europea, fundamental para garantir os dereitos das traballadoras.

Ademais, lembrou que a ratificación do convenio de traballo doméstico «segue a ser incumprido» e tamén «o convenio no mundo do mar».

«Temos dúas tarefas: derogación das reformas laborais e de pensións», concluiu a deputada.