En Común-Unidas Podemos aposta por máis investimento para as estradas galeegas como solución ao aumento da sinistralidade viaria

As candidatas e candidatos realizaron este venres unha acción de denuncia colectiva e simultánea en Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense.

Denunciaron que o modelo actual baséase nos intereses das grandes construtoras e non no dereito á mobilidade en puntos negros das catro provincias galegas.

Audio Mos: https://bit.ly/2vbvZmR

Audio Oroso: https://bit.ly/2VPR2XH

En Común-Unidas Podemos apostou este xoves por aumentar o investimento como solución ao aumento da sinistralidade viaria en Galicia. Así o expresou a candidata ao Congreso por Pontevedra, Yolanda Díaz, que denunciou no punto de maior siniestralidade da rede de Estradas do Estado, o quilómetro 12 da A55 en Mos, que “o modelo actual baséase nos intereses das grandes construtoras e non no dereito á mobilidade en puntos negros das catro provincias galegas”. A esta acción nun “lugar emblemático do mal facer” sumouse a que realizaron os candidatos das outras provincias en puntos negros de todo o país.

Díaz fixo un chamamento á cidadanía para votar o 28 de abril en clave de “dar solución aos problemas da xente, e a seguridade viaria é fundamental para as persoas”. A candidata por Pontevedra denunciou que se “proxectaron autoestradas ignorando os intereses e dereitos da cidadanía para facer negocio. É un modelo mal planificado, un modelo fallido chamado corrupción”. Así, considerou que “o dereito á mobilidade é garantir un modelo baseado na intermodalidade. É incrible que en Vigo teñamos dúas estacións de ferrocarril desaproveitadas e vivamos unha inaudita a desconexión do Eixo Atlántico”.

Yolanda Díaz acusou ao ministro de Fomento do PSOE, José Luis Ábalos, de “apostar polo negocio privado e os intereses das grandes construtoras” e fronte a isto reivindicou que “hai que darlle a volta a este proceso, estes puntos negros deben ser resoltos. Os datos son demoledores para Galicia, onde non conseguimos reducir os sinistros”.

A candidata pola mesma circunscrición, Ángela Rodríguez Pam, apuntou que “a precariedade é un dos motivos do aumento da sinsitralidade porque cada vez temos coches en peores condicións”. No caso concreto de Mos sinalou que “temos un problema coas autoestradas, é un concello que non ten un núcleo urbano. Todo o pobo son autoestradas superpostas, case non hai medidas de protección acústica e non hai intención do PP e PSOE para liberar a AP-9”.

Rodríguez afirmou tamén que “non só se trata de facer autorestradas novas, como a A57 en Pontevedra, o máis importante é manter as que xa temos. Son infraestruturas antigas e queremos un modelo de mobilidade sotible”. O candidato á alcaldía de Mos por Gañamos, Román González, destacou que “a través das nosas deputadas conseguimos aprobar unha proposta para liberar de peaxes este tráfico, pero o PP e PSOE non o queren levar a cabo. Agardamos que na próxima lexislatura se faga”.

No quilómetro 52 da N550 en Oroso, o candidato pola Coruña ao Congreso, Antón Gómez-Reino, apiuntou que “e os recortes en seguridade matan e causan accidentes. No noso país estase invertindo a tendencia, a sinistralidade está crecendo. Estas estradas son fundamentais para conectar os núcleos de poboación do noso país”. Desta maneira, considerou fundamental que “dende o Estado se faga un investimento decidido nas infraestruturas coma esta para evitar que siga habendo mortes. O noso compromiso é estar no Goberno e facer unha intervención orzamentaria para solventar problemas que causan sufrimento”.

Pola súa banda, a candidata por Lugo á Cámara Baixa, Vanessa Somoza, no quilómetro 490 da N-VI no Corgo, incidiu en que “a maior concentración de puntos negros na rede de estradas convencionais do Estado está en Galicia. Todo isto é froito da desidia e o pouco investimento nas nosas estradas”. Así, declarou que En Común-Unidas Podemos propón, ademais dun maior investimento, “educación viaria no ensino e políticas de concienciación, así como inversión no transporte colectivo polos seus beneficios para o medio ambiente”.

A candidata de Ourense, Ledicia Piñeiro, destacou que «en Ourense hai estradas que teñen un mantemento moi deficiente e non se inviste nelas, ademais de que hai poboacións sen comunicar e camiños no rural moi pouco accesibles para o tránsito» polo que reclamou «revertir esta situación».