«Estamos diante dunha mala situación laboral. A multinacional está presionando para empeorar as condicións laborais e precarizar aínda máis», denunciou Yolanda Díaz.
Desde En Común tamén denunciamos a actitude autoritaria da Xunta, que nos obrigou a celebrar a xuntanza cos pilotos fóra das dependencias públicas.
Audio: https://bit.ly/2K48bu1
Silleda, 23 de maio de 2019.– En Común-Unidas Podemos mantivo este xoves unha xuntanza cos pilotos de helicópteros de Babcock da base de incendios de Silleda, que están en folga desde o pasado sábado para esixir melloras laborais e salariais.
«Estamos en Silleda solidarizándonos cos traballadores e denunciando a situación de precariedade dos pilotos que son contratados por días e por horas, unhas moi malas condicións para prestar servizos de alto risco», afirmou a deputada
Os pilotos, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia, teñen na actualidade denunciado o seu convenio colectivo, pero «a multinacional está presionando para empeorar as condicións laborais e precarizar aínda máis».
Babcock, co consentimento da Xunta, que non está facendo nada por defender os traballadores, «quere baixar os salarios dos traballadores mentres as remuneración do staff aumentaron en 27%».
«Un Gobernante que defende ao seu país non podería permitilo, denunciou Yolanda Díaz, que insistiu en que un servizo público nestas condicións de precariedad «é deficitario».
Desde En Común tamén denunciamos a actitude autoritaria da Xunta, que nos obrigou a celebrar a xuntanza cos pilotos fóra das dependencias públicas, porque Rueda impediunos a entrada, o que mostra o carácter antidemocrático da Xunta.
Ante esta situación esiximos unha implicación do Ministerio de Fomento, xa que «está en risco a Seguridade da cidadanía cando temos á fronte dos servizos públicos de emerxencias a persoal precarizado, con xornadas maratonianas, e moitas veces desenvolvendo tarefas para as que non están o suficientemente formados».