Audio Yolanda Díaz: https://bit.ly/2CAqVvT
Audio Antón Gómez-Reino: https://bit.ly/2qGa2NG
Audio David Bruzos: https://bit.ly/2K7zcfc
Audio Vanessa Somoza: https://bit.ly/2K7YPMM
Domingo, 10 de novembro de 2019. Os candidatos e candidatas de En Común Unidas Podemos depositaron este domingo o seu voto e dixeron un chamado para unha alta participación.
«Hoxe é un día moi importante. Fago un chamado para que a xente nova, para que as mulleres, para que todo o mundo vaia votar», incidiu Yolanda Díaz despois de depositar o seu voto.
Antón Gómez-Reino fixo un chamamento «a saír a votar». «As forzas que defenden os dereitos e as liberdades teñen que ter un bo resultado», sinalou o candidato.
O candidato por Ourense, David Bruzos, lembrou a importancia de participar, porque «todo o que non elixamos nós, van elexilo por nós».
«No caso de Ourense estamos moi cerca de volver sacar representación como en 2015 e rachar co bipartidismo», incidiu.
A candidata de Lugo, Vanessa Somoza, pediu que as urnas hoxe falen «alto e claro» contra a extrema dereita e lembrou que hoxe é o día en que o voto vale o mesmo para todos, «tanto para un obreiro como para un poderoso».



