En Común-Unidas Podemos mostra a súa solidariedade coa folga dos traballadores da PSA Citröen

Vigo, 16 de maio de 2019. A deputada de En Común Unidas Podemos e voceira de Industria, Yolanda Díaz, mostrou este xoves a solidariedade cos traballadores de PSA CItröen que hoxe fan unha folga reividicando os seus dereitos laborais.

«Esiximos que unha multinacional como PSA debe cumprir cos dereitos laborais. Están provocando o deterioro da saúde dos traballadores», denunciou a deputada.

Díaz lembrou que o ritmo de traballo e as condicións que impón esta enorme multinacional «está a provocar non soamente disfuncións no traballo diario, senón tamén enfermidades».

Os traballadores piden que cambien os ritmos de traballo e novas contratacións para alixeirar a carga de traballo.

«A empresa non cumpriu con esta reivindicación, senón que está a despedir traballadores na área de montaxe», engadiu Díaz.

Polo tanto, desde En Común Unidas Podemos, que levamos tempo apoiando aos traballadores, reclamamos «que se incorpore novo persoal» e que se cumpra coas reivindicacións desta folga.