Audio: https://bit.ly/2JqmY2r
Galicia, 18 de maio de 2019. En Común-Unidas Podemos mostrou este sábado a súa solidariedade coa folga de pilotos de helicópteros de Babcock, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia.
«Amosamos a nosa solidariedade coa folga que arranca hoxe para denunciar unha situación de precariedade, cunha baixada de salarios que pode chegar ata o 30%», asegurou a deputada Yolanda Díaz.
Díaz lembra que os pilotos comezaron a negociar o II Convenio, e a empresa aducindo perdas, quere baixar os salarios a datos de 2011, mentras o sindicato SEPLA di que non hai perdas reais, hai baixada de ingresos, pero non hai motivos que xustifiquen a baixada dos soldos.
«Estamos a falar de servicios estratéxicos, Salvamento Marítimo é básico para Galicia. Teñen que prestar o seu servizo en condicións dignas», asegurou a deputada, que pide ás Administracións públicas e ás empresas subcontratadas «que deixen de xogar coa seguridade da cidadanía».
En Común envía toda a súa forza para esta folga e anuncia que manterá a vindeira semana unha xuntanza cos traballadores e trraballadoras.