Galicia en Común acompaña en Ferrol aos traballadores de Alcoa imputados por defender os seus dereitos nunha manifestación

AUDIO: https://bit.ly/2OAZ5ap

Ferrol, 8 de outubro de 2019. Os deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, xunto co deputado de Unidas Podemos, Rafa Mayoral, acudiron este martes en Ferrol á concentración en apoio dos traballadores de Alcoa e sindicalistas que están sendo investigados por participar nunha manifestación onde defendían os seus dereitos laborais fronte ao Congreso dos Deputados no pasado mes de marzo.

A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, remarcou que situacións como esta «deben ser as que non deixen durmir ao presidente». «Familias enteiras e traballadores defendendo os seus postos de traballo estiveron a piques de perder todo. Sairon imputados pola defensa cívica dos seus dereitos», incidiu.

A deputada resaltou que «grazas á súa loita, garantiuse a continuidade de Alcoa en A Coruña e en Avilés», pero tamén denunciou que agora está en risco San Cibrao.

«Despois dun ano de loitas e mobilizacións é unha vergoña que vaian da man Feijóo e Maroto a San Cibrao, cando seguimos sen ter un prezo da enerxía xusto. San Cibrao está en risco pola inacción da Xunta e do Goberno», denunciou Díaz.

O deputado Antón Gómez-Reino destacou que desde Galicia en Común «denunciamos un atentado contra os dereitos dos traballadores, por iso é imprescindible protexer o seu dereito a manifestarse derogando a Lei Mordaza que tanto prometeu o PSOE».

Pola súa banda, Rafa Mayoral incidiu en que procedementos como este «non teñen cabida nun sistema democrático».

«Non ten sentido que os traballadores estén diante dos xulgados mentres os que saquearon o país seguen coas contas en Suiza intactas. Seguiremos defendendo os postos de traballo e que hai un futuro industrial para o noso país», concluiiu o deputado.