Luca Chao reclama á Xunta na Deputación Permanente do Parlanento de Galicia que poña a disposición do sistema os recursos necesarios para garantir que os nenos e as nenas galegas non pagan as consecuencias socioeconómicas da emerxencia sanitaria
Compostela, 22 de abril do 2020.- A voceira do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia Luca Chao reclamou hoxe ante a Deputación Permanente da Cámara “un gran pacto para blindar á educación pública en Galicia» contra os efectos socioeconómicos da emerxencia sanitaria provocada pola epidemia de Covid-19.
“O ensino público é un piar fundamental do estado de benestar que vai ter unha sobrecarga enorme no curso próximo como consecuencia desta crise. Galicia en Común-Anova Mareas propoñemos afrontar esa carga cun gran pacto a prol do ensino público que inclúa ás forzas políticas, aos sindicatos e ás asociacións de nais e pais, para asegurar que imos blindar os recursos necesarios para que as nenas e nenos galegas non paguen sobre si mesmas as consecuencias desta situacion”, dixo.
Luca Chao interveu na sesión da Deputación Permanente que acolleu a comparecencia da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reclamada desde hai días polo Grupo Común da Esquerda. E esixíu que o acordo pola educación pública fale “de orzamentos, de recuperación e reforzo de plantillas docentes, de reducción de ratios, de compromiso coas necesidades específicas, e de calidade e atención educativa para todas”.
Chao celebrou que a Xunta decidira pospoñer, aínda que con enorme retraso, a data da celebración das oposicións de Educación: “Era evidente que o Goberno galego non ía poder garantir que se levara a cabo unha proba multitudinaria sen poñer en risco a saúde de miles de personas”, remarcou.
Tamén destacou os puntos sobre os que, a xuizo de Galicia en Común-Anova Mareas, debe xirar o pacto para blindar a educación pública en Galicia:
• Abordar a fin inmediata do curso escolar de maneira consensuada mediante a convocatoria urxente de dúas mesas de diálogo, unha para ensino primario e medio e outra para o ensino universitario. Desta última deberán formar parte tamén as representantes do alumnado.
• Instrucción claras e precias ao profesorado sobre como enfrontar o terceiro trimeste do curso.
• Medidas económicas específicas para atender ás necesidades sobrevidas tanto de aloxamento como de manutención do colectivo universitario. “O curso que ven deberase apostar por unha convocatoria de bolsas propia reforzada que axude a paliar esta situación económica”, reclamou Chao.
• Adaptación das probas de Avialiación do Bacharelato para o Acceso á Universidade para que inclúan unicamente os contidos presenciais.
• Desenvolver un plan de atención as necesidades específicas de atención educativa adaptado a esta situación.
• Desenvolver un plan de loita contra a fenda dixital proveendo de equipos e conexións ás persoas mais vulnerables asi como reforzar a formación do persoal educativo.
• Desenvolver un plan un plan de desinfección dos centros educativos.
Durante a súa intervención, Chao subliñou a tardanza da conselleira en comparecer no Parlamento para cumprir coa súa obriga de “dar á cidadanía ás respostas que leva semanas demandando”, e lamentou que Pomar non ofrecera esas respostas na súa intervención e que o Goberno galego no seu conxunto siga empeñado “en facer electoralismo en vez de estar á altura desa cidadanía nun momento chave para o país”.
Aquí podes escoitar o audio de Luca Chao na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.
E aquí, a iniciativa parlamentar que vimos de rexistrar no día de hoxe.