Galicia en Común: «Comezamos unha nova lexislatura para seguir defendendo á cidadanía galega»

Declaraciónshttps://www.youtube.com/watch?v=GJjtJnHHbTA&feature=youtu.be

Congreso, 3 de decembro de 2019. Os deputados e deputadas de Galicia en Común prometeron este martes o acto polos dereitos sociais e co mandato da cidadanía galega.

«Estamos demostrando o compromiso democrático coa cidadanía progresista. Ábrese unha lexislatura na que estamos ante dúas oportunidades: conformar un Goberno de coalición de esquerdas, algo que sería histórico e, que Galicia poda estar no Goberno», sinalaron os deputados.

Gómez-Reino lembrou que desde En Común «levamos anos trasladando ás Cortes a Axenda Galega do Cambio» e seguiremos levando «ao Congreso e ao Goberno».

O deputado lembrou que no día de hoxe sentimos «certo alivio democrático» porque «para nós é positivo que se vira o que a cidadanía leva demandando moito tempo: que as forzas de esquerda nos poñamos de acordo para intentar impedir que a exrtema dereita teña unha forza relevante no Congreso».

Gómez-Reino lembrou que a entrada de VOX na Mesa «non é unha boa nova» pero en todo caso «cómpre parabenizar á xente que traballou fora de foco, meticulosamente, entendendo a técnica parlamentaria, para conseguir que haxa unha ampla maioría progresista na Mesa do Congreso».

Na súa comparecencia no Congreso, os deputados resaltaron a importante mobilización en Verín en defensa dun sector público esencial como é a sanidade pública.

«Non se pode deixar a unha comarca sen hospital e sen un servizo como é o paritorio e a supresión dos servizos de urxencias pediátricas. Todo o noso apoio, loitaremos para tratar de mudar esta situación», concluíron.