Galicia en Común condena os recheo da ría en Bouzas: «están dilapidando os recursos ambientais»

Audio: https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/32d5d8c4-9db6-481f-a8c9-469f5e7f7e98/Vigo.m4a

Iniciativas presentadas sobre Bouzas:

https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/5538e909-543f-4907-b70f-b6e415db9a10/1990_PE_IMPACTO_AMBIENTAL_PUERTO_VIGO_1_.pdf

https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/859d523b-cc9f-4d39-a906-c23731a70c17/1990_Respuesta_PE_IMPACTO_AMBIENTAL_PUERTO_VIGO_1_.pdf

Vigo, 17 de outubro de 2019
. Os deputados e candidatos de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, estiveron este xoves en Bouzas acompañado do tamén deputado ecoloxista Juantxo López de Uralde e do portavoz da Marea de Vigo, Rubén Pérez, para denunciar que os recheos nas nosas rías «son un paso máis para o seu deterioro».

«Os recheos nas nosas rías, como o caso de Bouzas, son un escándalo e unha dilapidación dos nosos recursos e dereitos ambientais», denunciou a deputada Yolanda Díaz.

A voceira no Congreso incidiu en que «non se pode falar de transición enerxéitca cando están acabando cos nosos espazos públicos e coas nosas rías» por iso condenou estes recheos que «destrozan o maior recurso natural de Galicia».

O tamén deputado Antón Gómez-Reino lembrou que a acción política de Galicia en Común ten como un eixo clave a cuestión ambiental. «Durante estes anos levamos ao Congreso numerosas iniciativas e mocións para defender as rías galegas, e neste campo, Vigo é un exemplo de mobilización cidadá fronte as agresións medio ambientais».

Gómez-Reino denunciou a «irregularidade do mecaismos do recheo en Bouzas» e sinalou que desde o noso espazo «faremos o necesario para protexer os nosos recursos naturais»

Ademais, lembrou que como representante no Consello de Europa «levará a Estrasburgo a denuncia do estado das rías galegas».

Pola seu lado, Juantxo López de Uralde, que quixo coñecer de cerca o caso de Bouzas, resaltou que «nos últimos anos, tanto Galicia en Común como o Grupo Confederal no seu conxunto, lideraron a batalla ecoloxista», como  se demostrou «coa presentación da declaración de emerxencia climática».

Ante o caso de Bouzas, denunciou a situación e pediu «solucións» para non perder máis recursos naturais nunha zona «tan prezada como Galicia».