Yolanda Díaz: «Fronte á inacción do Goberno, todo o apoio aos traballadores da industria electrointensiva».
A Coruña, 8 de xuño de 2019. As deputadas de Galicia En Común saíron este sábado ás rúas para defender o futuro da Industria en Galicia e un prezo da enerxía competitivo.
«Fronte á inacción do Goberno, todo o apoio aos traballadores da industria electrointensiva. É evidente que o Executivo non quere abordar un marco enerxético estable para a nosa industria», denunciou a deputada Yolanda Díaz.
A voceira no Congreso apuntou a que «a condición chave para ter industria en Galicia é ter un prezo da enerxía competitivo co resto dos países de Europa».
«Non queren abordar o prezo da enerxía porque teñen que enfrontarse aos que mandan, ás eléctricas», denunciou.
Díaz situou no discurso a situación de Alcoa, Ferroatlántica ou Poligal que poden deixalas caer este mes de xuño.
«Facemos un chamamento unánime para defender a industria no noso país», incidiu.