Galicia en Común demanda que se cumpra coa Memoria devolvendo»o patrimonio roubado polo ditador»

Os candidatos de Galicia en Común denunciaron a escenografía para a exhumación que se viu no Val de Cuelgamuros, con bandeiras, honras e no que se escoitaron berrar vítores a un ditador, algo «que non se debería ver nunha democracia».

Sada, 24 de outubro de 2019. Os candidatos e candidatas de Galicia en Común celebraron este día «democrático», no que por fin o ditador sae do seu mausoleo, pero que se debe a todas as asociacións de memoria. Pero tamén nun día como hoxe é preciso demandar que se devolva todo o patrimonio roubado ao pobo.

«É un día de celebración democrática que lle debemos a todas as asociacións que levan anos demandando a recuperación da memoria democrática, por eso mesmo demandamos que un día como hoxe hai que pedir con claridade que non teñamos que esperar a unha nova campaña para que o Pazo de Meirás ou a Casa Cornide volvan ser patrimonio píublicos», demandou o deputado e candidato Antón Gómez-Reino.

Gómez-Reino insistiu en que o noso grupo xa presentou varias iniciativas nas Cortes «para que se devolva un patrimonio que foi roubado, confiscado nun contexto de violencia» e nas que tamén se solicitaba unha investigación do patrimonio da familia Franco.

» Ese patrimonio debe ser público, debe recuperarse para o pobo galego, de onde nunca debeu partir», incidiron os deputados, que sinalaron que, ademais do Pazo de Meirás, «hai moitos de edificios na mesma situación, como a propia Casa Cornide».

Yolanda Díaz resaltou que esta exhumación chega «máis de 40 anos tarde» e fixo unha lembranza a presos políticos do franquismo, como Fernando Miramontes, entre outras moitas mulleres e homes «que coñeceron as cárceres e as condenas franquistas».

«Hoxe deuse un paso para que por fin o dictador saia dun lugar clave para comezar a reconstruír a memoria democrática. Queremos poñer en valor a loita das asociacións pola memoria, que están facendo unha loita activa, ás veces con silencio por parte das adminsitración», sinalou a deputada.

Os deputados, acompañados tamén da candidata Loreto Taibo, denunciaron a escenografía para a exhumación que se viu no Val de Cuelgamuros, con bandeiras, honras e no que se escoitaron berrar vítores a un ditador, algo «que non se debería ver nunha democracia».

«Temos a centenares de demócratas republicanos nas cunetas e temos unha lexislación que impide a investigación dos crimes franquistas e mentres tanto acontece isto», denunciou Díaz, lembrando que tanto ela como Gómez-Reino foron voceiros no debate para a modificación da Lei de Amnistía, para que se investigaran os crimes do franquismo, e na que PSOE, PP e Cs impediron que saíse adiante.