Gómez Reino: “Feijóo emprega a Xunta contra á sociedade con prácticas corruptas que vulneran a LOREG”
“Logo de tres meses de inacción na pandemia reaparecen en precampaña con cheques infames para sobornar aos colectivos aos que precarizaron»
“A Xunta de Feijóo foi condenada por ocultar sistemáticamente información relevante sobre a estafa das caixas de aforros galegas”
Compostela, 25 de xuño.- Galicia en Común-Anova Mareas ven de presentar este xoves dúas denuncias ante a Xunta Electoral Central contra á Xunta de Galicia e contra o PP de Alberto Núñez Feijóo por infrinxir de forma clara, flagrante, reiterada e maliciosa a Lei Orgánica de Rexime Electoral (LOREG) con afán partidista para manipular ao electorado.
“Vimos de presentar dúas denuncias ante a Xunta Electoral Central por feitos de enorme gravidade que resultan, ademais, un uso corrupto e torticero das institucións públicas que son de todas e todos”, manifestaba hoxe en rolda de prensa Antón Gómez Reino, portavoz e candidato da coalición á Presidencia da Xunta.
“En primeiro lugar, denunciamos a Alberto Núñez Feijóo por empregar a Xunta de Galicia en contra do interese da sociedade con claro uso e afán partidista procurando o beneficio para o PP cunha vulneración maliociosa da lei”, afirmou Gómez Reino.
“A tres semanas da cita coas urnas, -relatou o voceiro- o PP de Feijóo activa desde a Xunta a campaña institucional Galicia Volve, con difusión desde os perfís oficiais do Goberno galego, alén doutros medios, nun intento burdo de apropiarse para sí do patrimonio e a paisaxe de todas nós, e vendendo como un logro propio a inexistente xestión da Covid19”. “Esiximos a súa retirada”, demandou Gómez Reino.
A segunda denuncia ante XEC formulada hoxe pola coalición, é referida aos bochornosos cheques de hostalaría e para autónomos presentados os días 15 e 19 de xuño.
“Despois de tres mes de absoluta inacción e de non exercer as súas competencias, anuncian medidas que claramente se achegan ao soborno para aos colectivos aos que precarizaron e desprotexeron durante anos, e que xa amosaron de forma contundente o seu absoluto rexeitamento a este cheque clientelar e infame”.
“Hoxe podemos dicir que o señor Núñez Feijóo, que o Partido Popular de Galicia están xa condeados por por vulnerar os dereitos dun deputado galego ocultando de forma sistemática información sobre a estafa das caixas de aforros”, engadía Gómez Reino, aludindo a Antón Sánchez.
Desde Galicia en Común dicimos, e así o formulamos nas nosas denuncias, que «o señor Feijóo, candidato e presidente interino, está a empregar a Xunta de Galicia de forma corrupa, partista e interesada en contra dos intereses dos galegos e da pluralidade politica, vulnerando, unha e outra vez, a lei electoral”, o portavoz da coalición.
Por último, Antón Gómez Reino reiterou que Galicia ten una maoría de progreso que pide cambio. «Un cambio posible que está a un paso», remarcou.
«Como Fraga, Feijóo, que é o seu discípulo, coida que é invencible. Precisamos dunha mobilización desa maioría de esquerdas que Galicia expresa de forma clara en todos os procesos electorais e temos a absoluta certeza de que o noso espazo, Galicia en Común-Anova Mareas, vai a ser a chave desde cambio”, concluíu.
Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.
E aquí está o vídeo coa súa intervención.