O Executivo confirmou a Yolanda Díaz que Vigo asumirá parte das competencias do laboratorio de referencia da UE pero que éstas non serán transferidas
Vigo, 30 de agosto de 2019. O Executivo vén de confirmar, a través dunha resposta á pregunta escrita da voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, que “non é preciso dispor dun laboratorio de referencia da UE para o seguemento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos, toda vez que os laboratorios de referencia da UE existentes poden asumir estas competencias”.
Nega así a posibilidade de que o Intecmar asuma as competencias que antes tiña “o laboratorio de referencia da Unión Europea para o seguemento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos, situado no Reino Unido, e que interrumpiu a súa función como laboratorio de referencia da UE o 31 de decembro de 2018”.
A deputada de Galicia En Común denuncia a postura do Goberno central ante esta decisión, “xa que unha vez máis dá as costas á Galicia e ao seu desenvolvemento económico, cando somos o máximo productor de moluscos de España, co 95% da producción, e un dos máis fortes na Comunidade Europea, polo que debería ubicarse aquí o laboratorio de referencia con todas as súas competencias”.
Na súa resposta, o Executivo simplemente confirma “que o laboratorio de referencia da Unión Europea ubicado en Vigo será o encargado de levar a cabo algunhas das tarefas que se levaban a cabo no Reino Unido” pero non concreta cales serán ni canto persoal se precisará ou se contratará para asumir esta nova parte do traballo.
Tampouco poderá o laboratorio vigués levar a cabo “a actividade relacionada coa clasificación e control das áreas de producción de moluscos bivalvos, xa que non é unha función que non se desenvolve no laboratorio, polo que, seguindo a mesma liña de traballo do laboratorio do Reino Unido, o laboratorio de referencia da UE para o seguemento das biotoxinas marinas creou un grupo de expertos de todos os Estados membros. En función do desenvolvemento dos traballos deste grupo de expertos- sinala o Goberno na súa resposta a Yolanda Díaz – determinaranse as necesidades de personal adicional”.
Nesta resposta, ademáis, o Goberno central da o portazo á transferencia ao Intecmar das competencias deste laboratorio, asegurando que “a designación do laboratorio realizouna a Comisión Europea mediante o Regulamento (UE) 2018/222, polo que non se pode transferir”.