Galicia en Común denuncia a deslocalización e a precarización no sector da automoción en Vigo

Audio: https://bit.ly/362dnHo

Vigo, 23 de outubro de 2019. A voceira e candidata de Galicia en Común, Yolanda Díaz, mantivo este mércores unha xuntanza con representantes dos traballadores de PSA-Citroen e de empresas auxiliares da automoción. 

«O sector da automoción é clave na economía da comarca, é un sector estratéxico. Levamos tempo presentando iniciativas para a mellora as precarias condicións dos traballadores e combatendo a deslocalización», denunciou a deputada.

Por iso, destacou que falar da automoción e de Vigo «é tamén falar de Portugal». «Presentamos iniciativas denunciando o dumping, e pedimos a actuación do Goberno central, que evite a deslocalización e defenda os seus sectores estratéxicos como Francia e Alemania».

Para isto, cómpre mellorar o centro tecnolóxico. «O retorno da investigación ten que ir da man de algo fundamental, que é patentar o que sae destes centros tecnolóxicos», incidiu.

Na xuntanza, Díaz tamén resaltou «a falta de previsión do Goberno, dos cambios tecnolóxicos e da transición enerxética».

«Non se solventa a necesaria planificación do Estado para a transición enerxética. Levamos un retraso forte en relación a Alemania, se Galicia non fai nada a dependencia enerxética será maior», denunciou.

SECTOR PRECARIZADO

Un dos puntos máis destacados desta xuntanza foi abordar os danos da reforma laboral neste sector.

«Denunciamos as condicións laborais dun sector precarizado, na automoción e nas auxiliares. Estase empregando a man de obra como forma de axuste en grandes multinacionais con beneficios», denunciou Díaz, que incidiu na necesidade de recuperar as redes de carga porque do contrario «sería un erro estratéxico».

Na xuntanza, estaban presentes varias empresas, entre outras ALYMOSA, BENTELER, CTAG,  DENSO, GESTAMP, GKN, LEAR VIGO, PSA, REYDEL, VIZA e  Reps. Auto Galicia.