En Común denuncia o proxecto tóxico da mina de Touro, que segue sen solución

Audio: https://bit.ly/2oPi9XO

Touro, 17 de outubro de 2019. O deputado e candidato Antón Gómez-Reino e a candidata Loreto Taibo, xunto co tamén candidato e deputado de Unidas Podemos, Juantxo López de Uralde, e os deputados do Parlamento, Marcos Cal e Luca Chao, visitaron este xoves a Mina de Touro e mantiveron un encontro coa Plataforma Mina Touro NON e coas persoas afectadas da zona.

«Estamos ante un exemplo negativo de como se tenta depredar o territorio e rematar coa vida da xente que produce e trata de vivir no rural. Pola contra, estamos tamén ante un exemplo positivo de como a xente se está mobilizando para frear este proxecto», sinalou Gómez-Reino.

O deputado lembrou que ao Congreso xa trasladamos iniciativas sobre esta cuestión pero seguiremos «trasladando a denuncia a este proxecto para frear a mina».

Polo seu lado, Uralde resaltou a perda da poboación no rural: «estamos frente a un proxecto tóxico para o futuro das personas que queren vivir no mundo rural e ter unha actividade sostebilidade».

«Non podemos permitir que os intereses dunha coorporación poidan acabar coa forma de vida de moitas persooas nesta zona de Galicia», denunciou o ex director de Greenpeace.

Maria Obdulia Lareo, membro da plataforma, sinalou que reabrir unha mina de case 700 hectáreas «destruiría manantiais de agua, levaría contaminación ao Ulla que chegaría á ría de Arousa, destruiría o traballo na parte agrícola da que viven moitas persoas no rural e arrasaría co emprego que se crea polo camiño de Santiago».