Galicia en Común denuncia que a Xunta permita a venda de Povisa

Audio: https://bit.ly/2GyDMBE

Madrid, 30 de setembro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, denunciou este luns aos medios a venda do centro de sanidade privada Povisa.

«Denunciamos que desde a Xunta de Galicia o señor Feijóo esté permitindo a venda de Povisa cando durante estes anos estivo rescatando a sanidade privada», denunciou Díaz, en referencia a Povisa, centro que é de referencia para o Sur de Galicia.

A deputada lembrou que durante moito tempo, Feijóo rescatou o centro con recursos públicos e agora permitirá que sexa transferido a unha das grandes aseguradoras implicadas en todos os casos de corrupción, seguindo o modelo valenciano de Alcira.

«Ante esta situación, demandamos o rescate este hospital que custa máis de 75 millóns de euros ás galegas e galegos para a rede pública», reclamou.

Desde Galicia en Común instamos ao Partido Popular de Galicia e do Estado para que impidan a venda deste centro de referencia.

«Sería un escándalo que Povisa pase a formar parte agora mesmo dunha grande compañía aseguradora que está mirando ao Cunqueiro. A prioridade é rescatar Povisa para o público, deixar de dirixir recursos públicos para a sanidade privada e que se impida esta venda», concluiu a deputada.