Galicia en Común denuncia que o borrador do RD da Lei de Costas está feito “a modo de laboratorio” e non se aplica á realidade galega

A voceira Yolanda Díaz insistiu na necesidade de «apuntalar a nosa industria adicándolle recursos públicos».

Audio: https://bit.ly/2luX42P

Vigo, 2 de setembro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, mantivo este luns unha xuntanza co Círculo de Empresarios de Galicia despois da petición por parte da súa presidenta, Patricia García González, para tratar, entre outros temas, a proposta de modificiación do Real Decreto da Lei de Costas.

«Este borrador está feito a modo de laboratorio nun despacho. Non foi consulto cos grupos», denunciou a deputada, que avanzou que este borrador «está agora paralizado» pero debe ser «traballado e dialogado de xeito descentralizado».

Díaz engadiu que «parece estar feito desde o enfoque madrileño, sen ter en conta o efecto que pode ter na estrutura económica galega».

«A estrutura económica do noso país non é a de Madrid, parte da riqueza económica galega está no mar, desde a actividade das conservas, produtos elaborados do mar ou marisqueo», sinalou.

A deputada destacou que o encontro co Círculo de Empresarios de Galicia foi «coordial» e moi necesaria para tratar «unha cuestión que abrangue a economía galega con consecuencias fortes», incidindo na necesidade de «apuntalar a nosa industria» adicándolle «recursos públicos».

A presidenta do Círculo,Patricia García González, incidiu en que este Real Decreto ten «unha afectacción moi elevada para o empresariado e para a implantación das nosas industrias na costa».

«As leis teñen que traballarse cos organismos implicados, consideramos que non se fixo así, foi unha proposta de reforma da que fomos conscientes pola porta de atrás. Representamos aos sectores produtivos de Galicia, queremos traballar coherentemente por Galicia», insistiu.

SITUACIÓN DAS NEGOCIACIÓNS

Yolanda Díaz confirmou nas declaracións, ao ser preguntada polos xornalistas, que coñecemos que Sánchez vai facer unha proposta de 300 medidas e unha vez que as recibamos «vamos a estudar e non dar un portazo».

«Queremos que se retome o diálogo, a pretensión da repetición de eleccións é de alta irresponsabilidade», insistiu a deputada, que confirmou que o grupo descoñecía as posibles xuntanzas avanzadas polo PSOE en rolda de prensa esta mañá.