Galicia en Común denuncia que o precario mercado laboral pon en risco o estado de benestar e a democracia

A título da xornada ‘Un traballo digno para unha nova cidadanía’, representa «a centralidade do que estamos a vivir», sinalou Yolanda Díaz, que incidiu en que a xente moza está tendo serias dificultades para atopar eses dereitos laborais polos que loitamos.

Audio: https://bit.ly/2CbtpB3

Vigo, 31 de outubro de 2019. Vigo acolleu este xoves unha das xornadas laboralistas máis importantes da campaña, coa presenza do candidato de Galicia en Común, Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo; Ana Isabel Mariño, inspectora de Traballo; Joaquín Aparicio, catedrático de Dereito do Traballo; Mª Amparo Merino, profesora de Dereito do Traballo; Elvira Landín, avogada laboralista e María del Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de CIG-Servizos, moderado e presentado pola candidata Yolanda Díaz e o deputado no Parlamento, Manuel Lago.

«Compartimos mesa con grandes laboralistas nas xornadas que organizamos desde Galicia En Común para analizar a situación do precario mercado laboral que vivimos», sinalou Yolanda Díaz, engadindo que se está poñendo en risco «xa non só o estado de benestar, senón tamén a democracia no noso país».

A título da xornada ‘Un traballo digno para unha nova cidadanía’, representa «a centralidade do que estamos a vivir», sinalou Díaz, que incidiu en que a xente moza está tendo serias dificultades para atopar eses dereitos laborais polos que loitamos.

«Non pode haber estabilidade cando a desigualdade é tan brutal no noso país», incidiu a deputada, que resaltou que, precisamente por iso, «o 10 de novembro xogámonos moitas cousas en Galicia e no conxunto do Estado».

«O que nos xogamos é que nos poden voltar a roubar. Cando hai risco de que ocorra, a cidadanía tense que mobilizar. Xa sabemos que vai haber un recorte de 6.600 millóns de euros que esixe Europa, que non queren derogar a reforma laboral e presumen da mochila austríaca que abre o paso ao despido libre. A xente debe ter claro que o 11N a cidadanía vai seguir vivindo na vulnerabilidade, pero queda espazo para soñar, porque as cousas pódense cambiar, como xa demostramos con pequenos logros no Congreso, como a subida do salario mínimo a 900€, que queremos seguir mellorando», engadiu.

Ante isto, a deputada insistiu en que desde Galicia en Común «somos claras» e pedimos que ese novo recorte «non pode azotar novamente ás clases populares e traballadoras».

«Decimos isto porque estamos a preguntar ao PSOE como van aplicar estes recortes e o certo é que non responden. Non imos permitir que nos volten roubar os nosos dereitos, por iso é importante saír con forza este 10 de novembro», concluiu.

O catedrático e candidato Jaime Cabeza sinalou a necesidade de que forzas como Galicia en Común teñan representación e forza, porque o PSOE, que leva ano e medio no Goberno «demostrou que non está facendo nada para loitar contra a precariedade».

«Temos unha precariedade que se achega ao 28% da poboación activa. Quen ten a responsabilidade? Que fixo o Goberno para solventar a situación da xente más precaria e vulnerable?», preguntou se Cabeza.

«O que queremos son pequenos cambios. Non queremos cambios fundamentais na nosa sociedade, pero con pequenos cambios se pode operar unha auténtica revolución que lle de esperanza á nosa xente», incidiu.

O catedrático do Dereito do Traballo, Joaquín Aparicio, resaltou a Proposición de Lei (PL) de revalorización das pensións elaborada no Congreso por Galicia en Común e este grupo de expertos.

«A PL que elaboramos no Congreso, coa coordinación de Yolanda Díaz, non é unha revolución, pero se conseguimos que se aprobase, sería revolucionaria, daríamos a volta a pequenas cousas, mellorando moito a vida da nosa xente», incidiu.

Mª Amparo Merino, profesora de Dereito do Traballo, resaltou a necesidade de construir «un novo marco normativo para impulsar o traballo con dereitos e digno», mentres que Elvira Landín, avogada laboralista de Vigo, destacou que é preciso «revelarse contra a precariedade da vida».

Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de CIG-Servizos, sinalou varios datos «que deixan claro que a precariedade ten rostro de muller», dado que teñen a maior parte dos «contratos a tempo parcial e con salarios inferiores ao SMI».

A maiores, Anabel Mariño sinalou que cada vez existen máis elementos «que xeran precariedade no traballo».

«Percibo non só que baixa o número de denuncias, inestabilidade e medo a perda do emprego, e tamén certa entrega á situación, esa capacidade de soñar, de plantexarse de por qué o reparto da riqueza é tan desequilibrada, isto está desaparecendo», denunciou Mariño.

Finalmente, o deputado no Parlamento, Manuel Lago, fixo un marco da situación socioeconómica en Galicia, alertando de que nos enfrentamos a un futuro «moi incerto».

«As previsións para 2050 son terribles en termos de poboación e envellecemento. A nosa estratexia está centrada no emprego estable, cun salario digno», sinalou.

Para ter esas oportunidades de emprego, Lago apuntou a un cambio de modelo produtivo, porque sen industria «este país non ten futuro».

Ademais, pediu «recuperar o diálogo social» e cambiar os orzamentos «das polítcas de emprego e mellora do servizo público de emprego».