«Unha vez máis, o Partido Popular está favorecendo os intereses privados da sanidade e non a favor da defensa da sanidade pública».
Vigo, 8 de outubro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, denunciou este martes que a venda de Povisa a un grupo norteamericano, en particular ao grupo Centene, se produzca por 22 millóns de euros, cando cada ano os galegos e galegas pagan en impostos públicos 75 millóns de euros a Povisa de prestación sanitaria, sumado a cinco millóns de fármacos, e ao concerto co Sergas do maxilofacial e o concerto coa unidade de queimados.
«Unha vez máis, o Partido Popular están a favor dos intereses privados da sanidade e non a favor da defensa da sanidade pública», denunciou a deputada.
Ante esta situación, pedimos que sexa a sanidade pública «a que rescate Povisa e que impida esa venda».
«No día de hoxe, os galegos e galegas poderíamos ver como os recursos que se están entregando á sanidade privada, poderían ser entregados á pública. Coma sempre o PP entregounos aos intereses dos grandes negocios das farmacéuticas e da sanidade privada», denunciou a deputada