Galicia en Común e o Grupo Confederal denuncia ante a Fiscalía a difusión dos audios da vítima do caso Arandina


Denuncia de Unidas Podemos ante la Fiscalía por los audios del cas

Congreso, 20 de decembro de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, xunto cos deputados do Grupo Confederal Unidas Podemos, Enrique Santiago,  Sofía Castañón e Mar García Puig, presentaron unha denuncia ante a Fiscalía por un presunto delito de revelación de secretos e vulneración da intimidade sen consentimento que afecta á vítima do caso da Arandina.

«Hai unha sentencia por agresión sexual con unhas penas graves, a vítima é unha muller de 15 anos en situación de indefensión. Esta vanalización e vitimización que se deu en twitter, en medios de comunicación, con probas e documentación que son unha revelación de secretos, como di o artigo 197 do Código Penal, é algo que non se debe consentir», sinalaron os denunciantes.

A denuncia é contra todas as persoas que interviron na difusión indebida destes materiais que vulneran a intimidade.