Doce partidos de todo o territorio nacional, entre os que se atopa Galicia en Común, uníronse este venres nun comunicado en repulsa ao ataque perpetrado por Rusia en Ucraína a noite do pasado mércores e piden que se traballe para o fin da guerra e o mantemento da paz.
Nun comunicado Podemos, Esquerda Unida, Galicia en Común, Alianza Verde, Catalunya en Comú, o PCE, Batzarre, EH-Bildu, Més per Mallorca, Més Menorca, Esquerra Republicana e Compromís denuncian o seguinte:
1.- Denunciamos enerxicamente o ataque militar de Rusia e instamos o seu cesamento inmediato. Sumámonos aos chamados do SG de Nacións Unidas, Antonio Guterres, a cesar de maneira inmediata os ataques e á retirada de tropas.
2.- Reclamamos unha desescalada militar e de tensión por todas as partes que reduza o risco dunha escalada bélica en Europa. Non se debe abandonar o traballo de diplomacia e en favor da paz. As consecuencias desta escalada as sufrirá a poboación: de Ucraína, de Rusia e da Unión Europea.
3.- Reafirmamos que a solución das diferenzas debe darse no marco da Carta das Nacións Unidas, polas vías pacíficas e diplomáticas.
4. Lembramos a obrigación do Estado español de aceptar as solicitudes de asilo, en virtude do artigo 38 da lei de asilo española. Así mesmo, instamos ao Ministerio do Interior a non discriminar por motivo de fuxida de recrutamento militar e a recoñecer as solicitudes de protección internacional e subsidiaria en curso.
5.- O recordo das mobilizacións da cidadanía contra a guerra obrigan a que o Goberno traballe no seo da Unión Europea e baixo Nacións Unidas polo fin da guerra e o mantemento da Paz.