Galicia en Común esixe ao Goberno que interveña de forma inmediata na situación de Alcoa

Madrid, 1 de xullo de 2019. O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común enviou este luns tres cartas ao Ministerio de Transición Ecolóxica, outra ao Ministerio de Industria e outra ao Ministerio de traballo para esixirlles o que levamos solicitando todo este tempo, que se interveña de forma inmediata para a resolución do conflito e para paralizar a aplicación do ERE que pon na rúa a todos os traballadores e traballadoras de Alcoa.

Con estas cartas, trasládase unha grave problemática aos ministros e ministras ante a parálisis do Congreso dos Deputados.

«Solicitamos a intermediación do Ministerio de Transición Ecolóxica para que poña en marcha, de xeito urxente, as medidas necesarias para que o proxecto industrial posto sobre a mesa por Parter para as plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, sexa viable económicamente e garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo en ambas fábricas», sinalan as misivas remitidas ao Ministerio.

Estas medidas pasan pola posta en marcha dun marco regulador en materia energética, xa que é ineludible a necesidade de intervir e modificar a formación dos prezos da enerxía en España, e iso débese facer a través da aprobación do Estatuto do Consumidor Electrointensivo, un Real Decreto que leva paralizado desde a presentación do borrador do mesmo por parte do Goberno, o pasado 18 de marzo de 2019, proxecto que tras ser sometido a audiencia pública recibiu numerosas alegaciones, e a través do que se debe fixar un prezo competitivo da enerxía para as empresas con independencia da intensividad do seu consumo, e para as persoas consumidoras.

Ademais, o Grupo Confederal solicita ao Ministerio de Traballo que adopte as medidas necesarias para paralizar este ERE extintivo, mentres continúan as negociacións, e a mediación para poder manter os postos de traballo.

No caso do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que se atopa nas negociacións coa empresa e traballadores, Unidas Podemos solicita que avale o proxecto industrial posto sobre a mesa por Parter para as plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, xa sexa a través de auditorías ou outras medidas que consideren oportunas, e que garantan a viabilidad do proxecto, a continuidade da actividade e dos postos de traballo en ambas fábricas.

A portavoz de Galicia en Común, Yolanda Díaz, destacou que a situación de Alcoa é «de extrema gravidade» por este motivo, desde o Grupo Confederal, «estamos pedindo a actuación e intervención do Estado mediante a SEPI para evitar o que quere facer Alcoa, que é quedarse cunha cota de mercado».