Galicia En Común esixe carga de traballo para Navantia após o anuncio de despidos na UTE de mantemento nos estaleiros de Ferrol

Yolanda Díaz tamén pregunta ao Executivo polo plan de inversións en Navantia Ferrol anunciado pola súa presidenta o pasado 30 de agosto deste ano.

Preguntas sobre os despedimentos na Unión Temporal de Empresas (UTE) – Navantia : https://bit.ly/2m5Pk7y

Pregunta sobre a carga de traballo auxiliares en Navantia: https://bit.ly/2kr8xjJ

Ferrol, 20 de setembro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, rexistrou no Congreso varias iniciativas sobre os despedimentos anunciados pola UTE Electrorayma-Tecman, encargada do mantemento nos dous estaleiros públicos de Navantia, e pola carga de traballo.

«Coñece o Goberno a situación dos traballadores da Unión Temporal de Empresas (UTE) Electrorayma-Tecman encargada do mantemento nos dous estaleiros de Navantia naría de Ferrol? Ten previsto tomar algunha medida para evitar o despedimento?», pregunta a deputada.

Ademais, desde Galicia en Común tamén se preguntao ao Executivo se ten previsto pechar algún novo contrato que garanta carga de traballo suficiente en Navantia Ferrol «para manter os postos de traballo tanto no estaleiro como nas empresas auxiliares, ata que se comece a construir as Fragatas F-110 en 2022».

Yolanda Díaz insiste na necesidade de coñecer as propostas que está estudando o Goberno e, en caso negativo, coñecer os motivos «da ineficacia da dirección de Navantia para non conseguir carga de traballo para os estaleiros públicos».

Os traballadores insisten en que os despedimentos «non están xustificados» e convocaron una manifestación para o vindeiro 23 de setembro.

A deputada tamén lembrou que nos últimos meses, desde a caída da actividade, xa son «máis de 400 os postos de traballo perdidos nas empresas auxiliares de Navantia».

Ademais desta grave situación para os traballadores, Galicia en Común tamén pregunta ao Goberno pola execución do anunciado plan de inversións e como teñen previsto xerar os 700 empregos anunciados pola presidenta de Navantia.