Galicia En Común esixe no Congreso a conversión en travesía urbana o tramo da AP-9 á súa entrada en Vigo

Audiohttps://bit.ly/2KRq9QD

Vigo, 14 de xuño de 2019. A deputada de Galicia En Común, Yolanda Díaz, mantivo este venres unha xunttanza cos representantes das AAVV de Teis (Vigo) e Chapela (Redondela) e prersentou as iniciativas rexistradas no Congreso dos Deputados para a conversión en travesía urbá o último tramo da AP-9 á súa entrada en Vigo.

«Tivemos unha xuntanza coas asociacións de veciños que están defendendo políticas públicas que sexan acordes cunha política de infraestruturas que está sendo mala para Vigo e a súa comarca», afirmou a deputada, que insistiu en que desde o noso grupo «fixemos un traballo forte nesta materia e continuamos a facelo coa presentación de novas iniciativas».

Díaz lembrou que a propia comisión de Fomento xa aprobara a conversión en tramo urbano a zona de entrada da autoestrada na cidade de Vigo dende as Torres de Padín, pero «aínda non se fixo nada».

«Desde Galicia en Común voltamos instar á necesidade de tranformación desta autoestrada», afirmou en declaracións aos medios a deputada, que lembrou o último accidente, no que faleceron persoas mozas: «non se debe volver a producir, hai unha mala planificación».

Ante esta situación, no Congreso pedimos unha actuación inmediatta.

«Fomento amosa un completo desleixo para Galicia. Gustaríanos que o alcalde de Vigo puxera empeño para que o ministerio se implique nestas actuación. Non queremos que volva haber mortes por unha zona de risco», insistiu a deputada.M

Marcial Perez, presidente da AAVV de Chapela, mostrou o seu apoio ás iniciativas.

«Pedimos que non poñan máis escusas e que poñan vontade política para solventar estes problemas. É urxente que o convertan en tramo urbano, que arranxen o que destrozaron e poñan pantallas acústicas», insistiu.

Pola súa banda,Antonio Collazo, presidente da AAVV de Teis, insistiu en que se Fomento o ve factible, se dan o visto bo ás obras, «non entendemos porque non se fan».

«Sería unha actuación que beneficiaría Vigo e a contorna da cidade. Hai unha densidade de tráfico excesiva. Entendemos que as obras non se fan porque non hai vontade política», insistiu.

Iniciativas: