Galicia en Común estará presente na maioría das comisións das Cortes para levar as demandas das galegas e galegos

Yolanda Díaz será vocal en Traballo, Migracións e Seguridade Social, en Industria, Comercio e Turismo, en Constitucional e en Política Territorial e Función Pública.

Antón Gómez-Reino será o voceiro na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e na Comisión Mixta para a UE e vocal na de Transición Ecolóxica.

Madrid, 30 de xullo de 2019. Este martes consitúense as comisións do Congreso da XIII lexislatura, onde participaron os deputados Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz.

A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, será a secretaria primeira na comisión de Industria, Comercio e Turismo e vocal en materias tan relevantes como Traballo, Migracións e Seguridade Social, Constitucional e Política Territorial e Función Pública.

A deputada tamén estará na comisión de Economía e na de Orzamentos e estará tamén na Comisión de Pactos de Toledo á espera da súa constitución. 

Pola súa banda, o deputado Antón Gómez-Reino será o voceiro na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e na Comisión Mixta para a UE.

Gómez-Reino tamén estará como vocal en Transición Ecolóxica e estará nas Comisións de Asuntos Exteriores, Política Territorial e Fomento.

Ademais, o deputado será membro das delegacións permanentes de España ante o Consello de Europa e ante a Europol.

Este mércores tamén se constituirán as comisións no Senado, nas que o senador José Manuel Sande participará nas Comisións de Cultura e Deporte, Economía e Empresa, Entidades Locales, Traballo, Migracións e Seguridade Social e Incompatibilidades.

Ademais, estará na delegación permanente de España ante a PESC.