Yolanda Díaz esixe ao Ministerio de Industria acelerar o proceso e facilitar apoio financieiro a quen se faga cargo da planta da Coruña.
Audio: https://bit.ly/2XlFegX
A Coruña, 3 de xuño de 2019. A deputada de Galicia En Común, Yolanda Díaz, mantivo esta mañá unha xuntanza co Comité de Empresa da planta da Coruña de Isowat, para coñecer a situación da plantilla e das negociacións para a búsqueda dun inversor, toda vez que o vindeiro 10 de xuño remata o ERTE presentado.
«Facemos un chamamento á Ministra para que salve un sector estratéxico e de xeito urxente toda vez que o vindeiro 10 de xuño remata o ERTE, que deixa un futuro incerto sobre a plantilla», insistiu a deputada.
Yolanda Díaz destacou que hoxe mesmo rexistránronse no Congreso unha batería de iniciativas que esixen facilitar o apoio con todos os recursos financeiros e de todo tipo ao inversor disposto a asumir a planta da Coruña de Isowat.
Ademais, En Común pide desbloquear a negociación coa entidade financeira Abanca, por ser o principal acreedor das instalacións e terreos da empresa, entidade financeira que foi rescatada polo Estado por un importe superior a 9.000 millones de euros.
«Abanca foi rescatado con diñeiro público, non devolveron practciamnete nada e toca que resolva a situación», insistiu Díaz.
A deputada denunciou que «desde hai 9 meses todo sigue igual» e «o máis importante é que se tomen medidas»
«As políticas que practica o PSOE son as mesmas, a característica é a inacción, a mellor polítca a que non existe. Imos camiño de converternos en deserto industrial», denunciou.
Pola súa banda, o presidente do Comité de Empresa de Isowat A Coruña, Cándido López, solicitou «aceleración nas negociacións».
«Esta é a última semana antes de que finalice o ERTE. Se se prolongan as negociacións teríamos que negociar un novo ERTE, pero sabemos que non hai cartos dentro do concurso para afrontar un novo ERTE»m denunciou.
Os traballadores anunciarou unha nova concentración o vindeiro xoves na Delegación da Xunta (Praza Luis Seoane) ás 13 horas, que contará co apoio de En Común.