Galicia en Común lamenta a falta de acordo e pide a Sánchez «votande» para negociar e evitar unhas novas eleccións

Vídeo: https://youtu.be/a-x_WVd4gCQ

Madrid, 25 de xullo de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, xunto co deputado Antón Gómez-Reino lamentaron este xoves a falta de acordo para constituir un novo Goberno pola «falta de vontade» do PSOE. 

«É un día de enorme tristeza. Hoxe é o día nacional de Galicia, estou segura de que aos galegos e galegas, gustaríalles ter a posibilidade dun Goberno que cambie a vida da xente e que atenda as demandas para Galicia que lle plantexamos no debate de investidura», sinalou a voceir

Díaz insistiu en que por parte do PSOE non houbo «vontade de chegar a un acordo» e a «metodoloxía por Moncloa foi nefasta, incluso con filtracións manipuladas».

Os deputados lembraron as cesións que fixo o grupo confederal e que «en ningún momento nos levantamos da mesa» tentando «conseguir un acordo ata o último minuto do pleno».

«Esto demostra que non queren un Goberno, pero imos facer un chamamento á esperanza, porque a cidadanía quere acordo, como ben dixo o CIS. Aínda hai tempo para evitar unha repetición electoral, un acordo é posible», afirmou a deputada, que pediu ao PSOE que antepoñan os intereses do país fronte aos seus intereses partidarios. 

«A rúa non está para unha repetición electoral, poderíamos ter un Goberno das tres dereitas», concluiu.