Galicia en Común leva ao Congreso as eivas da estación de Pontecesures

Gómez Reino: “Cómpre reforzar os cadros de persoal e recuperar todas as liñas canceladas pola pandemia”

Mércores, 22 de setembro. Galicia en Común rexistrou no Congreso unha iniciativa parlamentaria sobre o deterioro da estación de Pontecesures instando ao Ministerio de Transportes a emprender medidas para solucionar a situación. 

O edificio da estación de Pontecesures leva pechado anos e atópase nun estado de deterioro que supón un risco para a saúde das usuarias. Nesta instalación non están dispoñibles nin servizos de taquilla, nin mobiliario ou megafonía, e conta con graves problemas de iluminación. 

O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, insistiu na necesidade de “ofrecer un servizo de transporte de calidade ás galegas”, e para iso, insiste na necesidade de “acometer as melloras que sexan oportunas para que as usuarias poidan utilizar estes servizos con normalidade e seguridade”.

“Nalgunhas estacións hai taquillas que pechan cedo e que deixan ás viaxeiras sin atención presencial. Cómpre reforzar os cadros de persoal e recuperar todas as liñas canceladas pola pandemia”, sinalou o deputado. 

Galicia en Común xa presentou varias iniciativas parlamentarias sobre os servicios ferroviarios no país, algunhas relativas ás liñas suspendidas por la pandemia e que todavía non se reactivaron. Tamén, relativas á reducción dos servizos da venta de billetes en estacións relacionadas coa falta de persoal.