O deputado demandou reforzar o IGADI para que Galicia «teña ollos e mente no mundo».
Audio: https://bit.ly/2IY5BnF
Pontevedra, 18 de outubro de 2019. O deputado e candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, visitou este venres o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e mantivo unha xuntanza coa súa directiva con motivo do seu 28 aniversario.
No marco da xuntanza, o deputado anunciou que, como novo membro do Consello de Europa en representación do Grupo Confederal, levará a Estrasburgo «situacións lacerantes como o Pazo de Meiras ou a situación ambiental das rías galegas».
No marco do IGADI o deputado demandou que «para que Galicia teña ollos e mente no mundo, ten que reforzar esta institución».
«O IGADI está de aniversario, e desde Galicia en Común entendemos que é fundamental que o noso país teña unha acción exterior definida e amplia», incidiu o deputado, resaltando que este espazo «nace da sociedade civil e plantexa una relación de cooperación e diálogo coas institucións galegas».