Santiago, 24 de outubro de 2019. O deputado e candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, mantivo este luns unha xuntanza co Sindicato Labrego Galego na que se abordaron varias das principais preocupacións do sector, como o prezo do leite, a PAC, as axudas ao sector ou a despoboación, entre outras.
«O prezo do leite é unha preocupación entre as gandeiras e gandeiros do noso país», sinalou Gómez-Reino, que resaltou que, aínda que agora se regulou o venta a perda, prácticamente se focaliza á competencia entre grandes areas comerciais, pero non o prezo que se paga ao produtor.
Entre outras cuestións tamén se abordou a actual Lei de representatividade das organizacións agrarias ou a titularidade compartida, porque «non está funcionando e hai queee adoptar medidas para a aplicación efectiva da Lei de titularidade compartida».
Ademais, tamén se plantexou a cuestión das axudas e a demanda de que se pague por persoas en activo e non por extensións de terreo así como a PAC e as medidas reais para garantir os deereitos das mulleres e mozos no rural
Sobre a despoboación, tratouse a cuestión da brecha dixital para os trámites coa administración, a perda de servicios públicos e a sobrecarga de traballo.