Madrid,24 de xuño de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, xunto con Pablo Iglesias , Alberto Garzón, Noelia Vera, Enrique Santiago e Rafa Mayoral mantiveron este luns un encontro coas organizacións sindicais UGT e CCOO, encabezadas polos seus secretarios xerais, Pepe Álvarez e Unai Sordo.
«Foi unha xuntanza produtiva, hai sintonía para encarar o reto de transformación. Hai cuestións chave que hai que facer, como derogar a reforma laboral do PP e de pensións, que abocan ás nosas xentes a vivir na precariedade», incidiu Díaz.
Os sindicatos mostráronse favorables a un Goberno de coalición para poñer en marcha as medidas para combatir os principais problemas de España, como a precariedade, a desigualdade de xénero ou as prestacións de desemprego.
