Galicia En Común mantén unha xuntanza con Gestha

Madrid, 25 de xuño de 2019. A voceira de Galicia En Común, Yolanda Díaz, xunto con varios compañeiros do Grupo Confederal, mantiveron unha xuntanza este martes con Gestha, o Sindicato de Técnicos de Facenda, para abordar medidas para erradicar a fenda fiscal e rematar cos privilexios fiscais.

«Hai un enorme problema de desigualdade fiscal e queremos agradecer a xuntanza con GESTHA para abordar esta cuestión», afirmou.

A deputada explicou que se evidenciou a coincidencia das medidas programáticas que o país precisa levar a cabo.

«Levamos tempo traballando para erradicar a fenda fiscal. Dunha vez por todas deben pagar os que non están pagando para garantir servizos públicos de calidade», sinalou.