Galicia en Común: «o sector público debe ser motor de desenrolo para as zonas rurais e evitar o despoboamento»

Madrid, 31 de outubro de 2019. O candidato e deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, participou este xoves no debate sobre o futuro da agroalimentación no Congreso dos Deputados.

«Temos que tomarnos en serio o mundo rural e a produción agroalimentaria. Temos que poñernos ao lado dos sectores estratéxicos e defendelos con total soberanía», sinalou o deputado, que insistiu na defensa dunha produción sostible, cercana e de proximidade, algo fundamental «para establecer território e economia no mundo rural».

Para defender o rural e evitar o despoboamento, o deputado defendeu a necesidade «dunha estratexia de Estado para o mundo rural, fomentando a igualdade de xénero e a defensados servicios públicos».

«O sector público debe ser motor de desenrolo para as zonas rurais, debe existir unha política de mantemendo e fomento dos servizos públicos, e un estímulo económico para o desenrolo dos núcleos rurais».

Para conseguir isto, Gómez-Reino mencionou dúas cuestións clave: implementar medidas de discriminación positiva e un plan de choque parrar acelerar a equiparación de dereitos e servizos, para acabar coa brecha territorial.

Entre algunhas das múltiples medidas propostas atopase a redución á metade do IBI nas poboacións con menos de 5000 habitantes e un fondo para loitar contra o despoboamento nas comarcas máis vulnerables.

«Poñer en marcha unha dotación inicial de 500 millóns anuais do Estado, que se complementará co orzamento europeo derivado do Programa Marco de Desenrolo Sostible do Medio Rural, que impulsaremos na Unión Europea cun horizonte de 5 anos», explicou.

Outra das vertentes transversais é o impulso das infraestruturas e as conexións ou a previsión de liñas de financiamento para o sector agrario sostible, a gandería extensiva e a pesca artesanal de baixo impacto.

Para a xente moza, Gómez-Reino propuxo un acceso prioritario aos bancos de terras e fomentar plans especiais de emprego.

O deputado sinalou que o debate se sostén sobre os retos e desafíos no ámbito agroalimentario, nun contexto marcado polo debate entre o marco liberalizador ou proteccionista.

«Temos retos importantes relativos ao cambio climático, a cadena alimentaria e transición ecolóxica», afirmou.