Galicia en Común participa activamente para que pronto poidamos ter un Goberno de esquerdas onde esté presente Galicia

«Galicia en Común vai ser decisiva nese Goberno e creo que é unha boa nova que isto se esté abrindo camiño. Temos un reto histórico», sinalou Yolanda Díaz.

«Estamos traballando para que canto antes haxa un Goberno de coalición de esquerdas, un Goberno cun programa de esquerdas que atenda ás maiorías sociais e particularmente ao noso país», apuntou Gómez-Reino.

Audio: https://bit.ly/33Us2ls

Santiago, 5 de decembro de 2019. O deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, presentaron este xoves as principais liñas de actuación para o arranque da XIV Lexislatura no Congreso e sinalaron a importancia de poñer en marcha o Goberno.

«Iniciamos unha lexislatura que ten dúas oportunidades históricas para o punto de vista do noso grupo: conformación dun Goberno de coalición de esquerdas, algo que non sucedeu nos últimos 40 anos. Situaríanos na senda dos gobernos progresistas que defenden á maioría sociais. E ademais, temos tamén unha oportunidade histórica de que Galicia estea no Goberno», sinalou Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, sinalando que «todas as reivindicacións que levamos trasladando en forma de acción lexislativa, poden estar na senda política dese Goberno».

Neste senso, o deputado Antón Gómez-Reino avanzou que «estamos traballando para que canto antes haxa un Goberno de coalición de esquerdas, un Goberno cun programa de esquerdas que atenda ás maiorías sociais e particularmente ao noso país».

«Levamos catro anos levando todas as demandas da cidadanía galega ao Congreso e ao Senado, desde cuestións locais ata participando en primeira persoa das políticas de Estado, como pensións, infraestruturas, materias laborais e económicas. Por iso estamos traballando para que haxa ese Gobero que cumpra con Galicia», engadiu Gómez-Reino.

Os deputados resaltaron que a presenza de Galicia en Común foi a garantía de que Galicia estivera presente, e que foi trasladada mediante a Axenda Galega do Cambio, que traslada a voz da sociedade galega despois de numerosas xuntanzas por todo o país.

«Estes días estamos lembrando como a finais da pasada lexislatura a instancias do noso grupo aprobouse a comisión bilateral entre o Goberno do Estado e a Xunta, entre outras cousas para a transferencia de Salvamento marítimo, que estes días está de relevo co buque quimiqueiro rescatado en Ares.

«Se o salvamento marítimo estivera xestionado dende o noso país seguramente ese tipo de accidentes non sucederían. De suceder se xestionarían de forma máis adecuada», engadiron.

A deputada Yolanda Díaz amosou tamén a solidariedade cos traballadores, e as familias afectadas de Alcoa en San Cibrao e avanzou conversas que mantiveron coa ministra de Industria.

«Onte mesmo conversamos coa Ministra de Industria amosando a preocupación polo que se ten publicado sobre a mudanza das condicións da subasta de interrumpibilidade, e falamos tamén co Comité de Empresa de Alcoa. É evidente que sen ter o Estatuto Electrointensivo e outras medidas que precisa a Industria electrointensiva estamos en risco de perda de Alcoa en San Cibrao», afirmou Díaz, que lembrou que somos o grupo máis activo nesta cuestón e co respaldo unánime da Cámara nesta materia, que levamos anos defendendo que é imprescindible garantir un prezo da enerxía industrial que sexa asumible ou comparable ao resto dos países da nosa contorna europea.

Os deputados voltaron reivindicar á cidadanía de Verín que se está mobilizando de xeito exemplar por un dos pilares fundamentais do Estado do benestar, como é a sanidade pública.

«É un orgullo a nivel de país, mais vemos como o PP a está desmantelando. É significativo como o PP, cando se fala de despoboamento, fala de políticas natalistas. Que políticas natalistas hai mellores que manter servizos sanitarios e de saúde pública e da atención ao parto», reivindicaron.