Galicia en Común pide a Borrell que condene a ofensiva das tropas turcas contra as áreas kurdas do noreste de Siria 

Madrid, 8 de outubro de 2019.  O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, pediu este martes nunha carta dirixida ao aínda máximo responsable da política exterior do Executivo en funcións , Josep Borrell, que condene a ofensiva iniciada polas tropas turcas para invadir as áreas autónomas kurdas no noreste de Siria.

«A invasión turca do norte de Siria viola o dereito internacional. A verdadeira preocupación do presidente Erdogan non é liberar a área de presuntos terroristas nin crear unha zona de seguridade para os refuxiados sirios, senón destruír o autogobierno liderado polos kurdos na rexión e aumentar a influencia turca na reorganización de Siria», denuncia o deputado.

Por este motivo, desde Galicia en Común solicitamos que se condene «este asalto agresivo e perigoso de Turquía» así como para que active «todos os medios diplomáticos e económicos ao seu alcance para deter a agresión e poñer fin ao prolongado e sanguento conflito de Siria».